top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O Concello de Agolada lembra aos propietarios a obriga de limpar as parcelas antes de acabar maio

Colocará bandos informativos por todo o municipio para que os veciños coñezan o estipulado na Lei de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais

Fonte: Ecos da Comarca


O Concello de Agolada fai fincapé na importancia de cumprir a Lei 3/2007 do 9 de abril de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais de Galicia. Dita norma ten por fin defender os montes e terreos forestais fronte aos lumes e protexer desta maneira, tamén ás persoas e aos bens afectados polos mesmos. Os propietarios deberán ter limpas tanto as fincas do rural como os solares dos cascos urbanos antes de que remate o mes de maio, tal e como o estipula a lei.


Nos vindeiros días colocaranse bandos por todo o municipio para informar e apelar á colaboración dos veciños, porque neste caso, é moi necesaria, ao ser a gran maioría parcelas privadas.


Cabe mencionar que as persoas físicas e xurídicas responsables dos terreos, deberán cumprir coas obrigas de xestión da biomasa vexetal nestas nunha franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable delimitado, así como ao redor de edificacións, vivendas illadas e urbanizacións, depósitos de lixo, parques e instalación industriais situadas a menos de 400 metros do monte.


No suposto do incumprimento destas obrigas, procederase á execución forzosa, mediante a imposición de multas coercitivas de entre 1.000 e 10.000 euros.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page