top of page

O Concello de Agolada está levando a cabo tarefas de mantemento e mellora do Consistorio

Inclúen labores de pintura, cambio de luminarias, substitución dos mastros das bandeiras, así como mellora da iluminación


Ecos da Comarca/Agolada

O Concello de Agolada está levando a cabo tarefas de mantemento e de mellora da imaxe do Consistorio. Esta actuación inclúe labores de pintura, cambio de luminarias, substitución dos mastros das bandeiras, así como mellora da iluminación.


Unha empresa de pintura do pobo está pintando estes días os teitos exteriores do Consistorio: os da entrada exterior, os do balcón, así como os aleiros. As tarefas comezaron este mércores. “Estámolos pintado porque ata agora estaban en morteiro e darlle unha capa de pintura mellorará moi positivamente a súa durabilidade estética”, explica o alcalde do municipio, Luis Calvo.

Ademais, durante esta actuación de mellora cambiaranse as lámpadas do balcón, que as actuais atópanse oxidadas, así como os mastros das bandeiras, que neste caso, se optará por colocar uns de aluminio. “Porque os actuais tamén se atopan en mal estado e consideramos que este material é de mellor calidade”, incide o mandatario.

Así mesmo, dotarase a entrada de dous puntos de luz empotrados no chan que iluminarán a Casa Consistorial.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page