top of page

O comercio de Lalín celebrou a súa Noite Branca

Ecos da Comarca/Lalín

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou este venres na Noite Branca organizada polo Centro Comercial Aberto de Lalín e a Asociación de Empresarios do Deza. Heredia destacou o papel do comercio de proximidade na dinamización das vilas e cidades galegas, subliñando así mesmo o labor que realizan as asociacións no impulso á modernización e competitividade do sector.

O apoio ao asociacionismo comercial é un dos eixos de actuación prioritarios dentro da estratexia de apoio ao sector da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, que colabora cos centros comerciais abertos e as federacións e asociacións de comerciantes nas distintas iniciativas que desenvolven ao longo do ano.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A IX edición da Noite Branca de Lalín inclúe descontos nos comercios participantes, que estarán abertos ata as 23 horas; actuacións musicais; dinamización nas rúas e sorteos. A iniciativa contempla tamén a colaboración coa Asociación de Ayuda a Niños Oncológicos de Galicia (Asanog).

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page