Diego Reboredo e Marta Lázara obtiveron un terceiro e segundo posto no Campionato Galego de Lanzamentos Longos
Ecos da Comarca/Deza
O Club Escola Atletismo Deza segue a sementar bos resultados nas probas. Nesta ocasión, trátase de dous Campionatos Galegos. O primeiro, celebrado na fin de semana da XIII Carreira Cocido, foi o de Lanzamentos Longos de Menores. Nel participaron os deportistas Diego Reboredo, Marta Lázara e Antía Framiñán.

Reboredo acadou un terceiro posto en lanzamento de disco, superando a súa marca persoal e superando os 38 metros. Pola súa banda, Lázara obtivo a prata en lanzamento de xavelina e Framiñán quedou cuarta nesta mesma proba.
Nesta fin de semana, o sábado, celebrouse o Campionato Galego Sub16 en pista cuberta no que participaron cinco deportistas do Club. Cabe destacar o resultado que fixo Breogán García, que correu os 300 ml e os 60 mv.
Na primeira proba obtivo a mellor marca persoal pero non logrou clasificarse para a final, mentres que na segunda conseguiu ser o 5º de Galicia. Ademais, competiron Xabier Verde en triple salto e 300 ml; Diego Reboredo en lanzamento de peso, ao igual que Germán Cela, e Martiño Rivas desputou na proba de 60 mv.
Comments