Participaron máis de 200 rapaces e rapazas, dos cales un grupo de 45 atletas era de
Deza
Ecos da Comarca/Deza
O Club Escola Atletismo Deza organizou un control de marcas nas pistas de atletismo de
Santiago de Compostela. A proba organizouse en colaboración co Atletismo Millaraio, Santiago e Negreira en Santiago de Compostela. Realizáronse diferentes probas para todas as categorías. A finalidade foi que participasen os máximos atletas dos catro clubs, así logrouse que se xuntasen unhas 200 persoas dende os 6 anos ata adultos.

Por parte do atletismo Deza asistiron uns 45 atletas, de diversas idades. Para algúns/as era a súa primeira proba e para outros servíu para avaliar as súas marcas. Foi unha gran xornada, na que todos e todas puideron desputar diferentes probas.
Publicidade
Dende o Club agardan que pronto se poidan realizar este tipo de probas en Lalín, xa que sería un gran incentivo e evitaría ter que desprazarse ata outras vilas para poder organizar estes eventos
Comments