O Club Atletismo Deza organiza un control de marcas federado en Santiago de Compostela
- ecosdacomarca
- 20 abr 2023
- 1 Min. de lectura
No mesmo colaboran Atletismo O Pino, Ames Atletismo e Noitebra e contará coa participación duns 400 cativos
Ecos da Comarca/Deza/O Pino
O Club Escola Atletismo Deza organiza, por primeira vez, un control de marcas que se terá que levar a cabo nas pistas de atletismo da Universidade de Santiago de Compostela. A proba, na que colaboran Ames Atletismo, Noitebra e Atletismo O Pino, contará coa participación duns 400 cativos/as, e permitirá a participación da categoría Sub-8 (rapaces/as entre 6 e 8 anos).
A alta inscrición que houbo conleva a que moitos quedarán fóra, mais todas as persoas
inscritas do Club Atletismo Deza poderán participar, ao ser o organizador principal. Na xornada, que terá lugar este domingo á tarde, levaranse a cabo as probas de 100 ml, 100 mv, 110 mv, 200 ml, 500 ml, 800 ml e 1.000 ml; lanzamento de peso e pelota; salto de altura e de lonxitude e triple salto.
Dende o club destacan que é a primeira vez que se organizará unha proba destas
características, “que non se pode facer en Lalín pola falta de instalacións, pero que non
queríamos deixar pasar a oportunidade de levar a cabo un proxecto que levase o selo do
Atletismo Deza”. Ademais, resaltan que esta proba servirá de control de marcas.
Por outra banda, o pasado domingo o club participou na segunda xornada de Xogade en pista en Pontevedra. Ata alá foron 40 atletas do club de entre 8 e 12 anos para participar nas probas de 400 ml, 500 ml, lanzamento de pelota, salto de altura, salto de lonxitude e relevos. Foi unha gran xornada e na que houbo bos resultados para o club.

Comments