O Club Atletismo Deza bate récord de participación en senllos campionatos
- ecosdacomarca

- 9 jun 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Deza
Durante a pasada fin de semana, o Club Atletismo Deza estivo en diversos campionatos e
carreiras, con alta participación en todos. O venres disputou unha nova edición da Carreira Popular da Semana Verde de Silleda, na que algúns dos seus atletas obtiveron galardóns.

O sábado pola mañá, participou con 25 deportistas nos Campionatos Provinciais Benxamín
(Sub10) e Alevín (Sub12). Na primeira categoría logrou as seguintes medallas: Xoán Peón,
terceiro en pelota; Jade Félez, segundo en lonxitude; Martina, segunda en pelota, e nas probas femininas de relevos obtivemos o terceiro posto.
Así mesmo, na mesma xornada as atletas Marta Lázara e Antía Framiñan competiron na Copa Deputación de Lugo, acadando o primeiro e segundo posto, respectivamente, en lanzamento de xavelina. Tamén pola tarde, numerosos deportistas formaron parte das carreiras que se levaron a cabo no PequeTrail, no marco do Trail de Vilatuxe, que organizou o GTR, "club ao que queremos felicitar pola impecable organización do evento".
O domingo, leváronse a cabo os Campionatos Galegos Sub10-Sub12, pola mañá, e Sub14 pola tarde. Nestas probas, na categoría Sub10, Martiño Rivas obtivo un segundo posto en 80 metros valados, e Beltrán Rivas, na Sub14, o mesmo posto en salto de lonxitude.
"Desde o Club mostrámonos satisfeitos, principalmente, pola alta participación, xa que estar admitidos tantos deportistas nestas probas é mostra do gran labor que se está a facer desde a Escola. Ademais, estamos orgullosos dos galardóns acadados".







Comentarios