top of page

O Club Atletismo Deza acolleuse ao Plan Corresponsables da Xunta

As xornadas incluíron inchables e un curso de primeiros auxilios


Ecos da Comarca/Deza

O Club Atletismo Deza acolleuse ao Plan Corresponsables da Xunta de Galicia para ofrecerlle aos deportistas a posibilidade de adestrar de xeito gratuíto durante o mes de outubro. Estas xornadas gratuítas dirixíronse a rapaces/as de 6 a 10 anos e puideron gozalas durante catro días á semana.


Publicidade

Preme na imaxe se queres obter máis información.

A maiores, celebraron dúas xornadas diferentes para goce e aprendizaxe da cativada. Unha delas tivo lugar no Pavillón Municipal, onde puideron saltar nos diferentes inchables durante toda unha tarde. A outra delas, máis centrada na aprendizaxe, levouse a cabo no local social de Donramiro e consistiu en aprender manobras de primeiros auxilios, da man de profesionais.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Nesta sesión participaron uns 60 nenos/as que puxeron grande interese en aprender. Dende o Club agradecemos á Xunta de Galicia por permitirnos ofrecerlles esta actividade

aos/as deportistas e tamén agradecemos ás familias que participaron nas xornadas. Destacamos o interese dos rapaces/as por aprender no taller de primeiros auxilios, que de

seguro lles será útil.

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page