top of page

O Club Atletismo Deza acada un segundo e un terceiro postos no XOGADE da provincia de Pontevedra

Ecos da Comarca/Deza

Tras máis de dous anos sen participar en ningunha proba por equipos, o Club Atletismo Deza retomou estas competicións con moita ilusión. "Este sábado asistimos a proba XOGADE da provincia de Pontevedra. O evento tivo lugar en Ourense e competimos coas categorías sub 10 e sub 12". E obtiveron un segundo e terceiro posto.


Estas probas consisten en que cada equipo, conformado por seis participantes, realizou un total de cinco probas (50 metros lisos, 500 metros lisos, salto de altura, salto de lonxitude e lanzamento de peso). Na categoría sub 10, tras realizar todas as probas, o equipo acadou un segundo posto; mentres que, na categoría sub 12, conseguiu un terceiro posto.

"Para todos os/as deportistas participantes era a primeira vez que asistían a unha competición, por iso desde o club mostrámonos moi satisfeitos cos resultados acadados. Agardamos que manteñan a ilusión para as seguintes probas, posto que este ano trataremos de asistir as máximas posibles, xa que son un incentivo para o desenvolvemento dos/as atletas".


Control de marcas

Ademais, sinala que hoxe, algúns/as atletas participaron nun control de marcas en Pontevedra. "Meri e Mariem asistiron a peso e 60 m lisos; Ger en 60 m lisos e 500 m lisos; Beltrán en 500 m e Breo en vallas. Para algúns deles tamén foi unha primeira toma de contacto coas competicións e, independentemente dos resultados, as sensacións foron boas e unha gran motivación para afrontar as probas que haberá ao longo da tempada".


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page