top of page

O Centro Social dos Maiores da Bandeira acolle o 9 de febreiro o regreso da Festa de Namorar

O prazo para anotarse remata o día 7 dese mes


Laura Moure/Silleda

O vindeiro xoves día 9 de febreiro, volta, despois de varios anos, a Festa de Namorar ao Centro Social dos Maiores da Bandeira (Silleda). A celebración terá lugar a partir das 18:00 horas con pinchos e chocolatada para as persoas asistentes, e animación musical en directo a cargo de Suso de Melide. O prezo é de 6 euros por persoa.

Para anotarse, as persoas interesadas poden achegarse ata o propio Centro Social dos Maiores da Bandeira, ou ao de Silleda, ou ben chamar ao 986 592 037. O prazo remata o 7 de febreiro.

A Festa de Namorar é un dos clásicos da programación do departamento de Benestar para os maiores do municipio, que volta agora despois da pandemia.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page