O Centro Social dos Maiores celebra na Bandeira o seu magosto o vindeiro 23 de outubro
- ecosdacomarca

- 30 sept 2025
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
O Centro Social dos Maiores de Bandeira organiza o seu tradicional Magosto o vindeiro xoves, 23 de outubro, ás 18:00 horas, unha cita pensada para compartir boa comida, música e convivencia.

PUBLICIDADE
O evento terá lugar nas instalacións do propio Centro Social da Bandeira e contará cun menú típico desta celebración: castañas asadas, empanada, pinchos variados, sobremesa e bebida. Ademais, a xornada estará amenizada con música en directo a cargo de Suso de Melide.
PUBLICIDADE
As persoas interesadas poden adquirir xa as súas entradas ata o 18 de outubro nos seguintes puntos: Centro Social dos Maiores de Bandeira e Centro Social dos Maiores de Silleda. Tamén se poderá reservar vía telefónica no 986 592 037 e obter máis información sobre esta celebración.








Comentarios