top of page

O centro de saúde de Cruces, en colaboración co Concello, organiza unha andaina para o 9 de abril

É unha xornada para celebrar os días mundiais da Actividade Física e da

Saúde


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces colabora co Centro de Saúde de Cruces na organización dunha andaina aberta a toda a veciñanza para celebrar o Día Mundial da Actividade Física (luns, 6 de abril) e o Día Mundial da Saúde (martes, 7 de abril). A andaina será o xoves 9 de abril

 PUBLICIDADE

Para festexar estas efemérides sanitarias, programouse esta actividade que permitirá aos participantes coidar a súa saúde facendo exercicio ao aire libre. Terá lugar o vindeiro xoves, 9 de abril, con saída ás 10:00 horas do Centro de Saúde de Cruces.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Haberá dúas opcións de percorrido. A primeira ruta será a curta de 6 quilómetros, de

Cruces á praia fluvial do Abeseiro, na parroquia de Toiriz; e a segunda ruta será a longa de 11 quilómetros, de Cruces a Toiriz e de regreso de novo á vila. En ambos percorridos, o grupo de camiñantes fará unha parada no Abeseiro para repoñer forzas e hidratarse, un avituallamento de froitas e augas que aportaron os supermercados locais Fernández Torres e Merca Más que colaboran na iniciativa xunto ás empresas de saúde Fresenius Kabi e Roche. Ademais, habilitarase transporte para quen non desexe realizar a ruta completa.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page