O centro de Cogami en Medelo aproveita o bo tempo para realizar rutas de sendeirismo pola zona
- ecosdacomarca
- 6 abr 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda

Estes días soleados son os propicios para poder saír dos centros e estar en contacto coa
natureza. Isto é que o fixeron no centro de recursos que ten Cogami en Medelo (Silleda). Un grupo formado por 13 persoas usuarias, catro profesionais e unha persoa en prácticas realizou unha andaina pola ruta de sendeirismo Ulla Pontevea.
Percorreron arredor dos preto de sete quilómetros que mide este circuíto definido como de
baixa dificultade e con trazado polas marxes do río Ulla ao seu paso polos concellos de A
Estrada e Teo.
Todas as persoas participantes nesta actividade levaron cadanseu xantar que degustaron en compaña da natureza e ao aire libre.
Commentaires