top of page

O CEIP Ramón de Valenzuela entrega ao Concello os fondos e alimentos recadados na campaña solidaria

A iniciativa combinou o intercambio de libros por produtos básicos e unha achega económica que acadou os 603 euros


Ecos da Comarca/Silleda

O CEIP Ramón de Valenzuela entregou ao Concello de Silleda dos alimentos e a recadación económica obtida na campaña solidaria impulsada polo propio centro educativo, unha iniciativa que combinou o intercambio de libros por produtos de primeira necesidade con doazóns voluntarias.

O acto de entrega tivo lugar hai uns días coa presenza da concelleira de Benestar e Educación, Ángela Troitiño, quen recibiu o material e fondos recadados, que ascenden a un total de 603 euros. Parte desta cantidade foi xa empregada polo propio alumnado para realizar a compra de alimentos destinados ao banco do Programa Municipal Silleda Solidaria, nunha actividade que serviu tamén como unha práctica educativa, permitindo ao alumnado aplicar coñecementos matemáticos nun contexto real.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

O resto da recadación económica será destinada pola área de Benestar a completar a despensa municipal, reforzando así os recursos dispoñibles para atender ás familias que máis o precisan.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Dende o Concello de Silleda quérese trasladar un agradecemento expreso a toda a comunidade educativa do CEIP Ramón de Valenzuela —alumnado, profesorado e familias— pola súa implicación e solidariedade, así como ao propio centro pola posta en marcha dunha iniciativa que combina valores educativos e compromiso social.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page