top of page

A Xunta autoriza a transferencia a prol do Concello de Silleda da EP-6517, de carácter urbano

Trátase do treito de 228 metros de lonxitude denominado rúa de Silleda


Ecos da Comarca/Silleda

O Consello da Xunta acordou onte a aprobación do Decreto polo que se aproba a transferencia a prol do Concello de Silleda da estrada provincial EP-6517, comprendido entre os puntos quilométricos 0+000 e 0+228, de carácter urbano. O Concello de Silleda e a Deputación Provincial de Pontevedra asinaron un convenio no cal estableceron a obriga da entidade municipal de solicitar a transferencia de titularidade desta vía, de 228 metros de lonxitude, denominada rúa de Silleda.

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, de acordo cos informes emitidos polos servizos competentes da Axencia Galega de Infraestruturas, formula a proposta favorable á transferencia de titularidade deste treito da vía.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

A transferencia destas vías a prol do Concello tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que establece a súa aprobación por decreto da Xunta, por proposta da Consellería como competente en materia de estradas, e logo do acordo entre as administracións implicadas.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O Departamento de Infraestruturas da Xunta ten, entre as súas funcións, a tramitación dos cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da Comunidade Autónoma e das entidades provinciais e locais. Co cambio de titularidade, o Concello de Silleda terá a competencia para actuar neste treito da EP-6517, e asume a responsabilidade da súa conservación e o seu mantemento. O decreto aprobado onte polo Executivo autonómico producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page