top of page

O CEIP Arcediago de Santiso: un colexio que ten moito que ensinar

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O prazo de matrícula acaba o día 22 e o centro grava un vídeo para darse a coñecer


Laura Moure/Santiso

Os colexios públicos do rural son unha ferramenta importantísima para fixar poboación, pero precisan do apoio de todos nós para evitar que desaparezan. Son centros educativos, que polo xeral, contan con pouco alumnado, pero que dispoñen dunhas marabillosas instalacións e ofrecen unha educación inmellorable, como acontece no CEIP Arcediago, do municipio de Santiso. Coma en todos os centros xa está aberto, desde o pasado día 1, o período de matrícula, que rematará o 22 deste mes.


O alumnado e o equipo docente deste colexio fixeron un vídeo para dar a coñecer as súas instalacións, as opiniós dos rapaces sobre o mesmo e ao través do cal convidan a visitalo e a que máis nenos se matriculen porque ofrecen o mellor e nun ambiente magnífico: actividades ao aire libre, gran involucración das familias, centro aberto ás novas tecnoloxías, implicación na cultura e no desenvolvemento do pobo e por suposto, unha atención personalizada e un bo horario. Os interesados poden obter máis información no teléfono 981 517 827.


Mirade que vídeo máis bonito fixeron para falarnos do seu colexio:


Vídeo feito polo CEIP Arcediago de Santiso.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page