top of page

O caudal que leva o río Ulla ao seu paso por Santiso

Segue activo o plan especial ante o risco de inundación en Galicia no Furelos tamén no seu curso por este municipio


Laura Moure/Santiso

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior segue tendo activo o Plan Especial ante o risco de inundación en Galicia (INUNGAL), en situación de alerta, ante o posible desbordamento dos ríos Ladra en Insua (Lugo), Neira (O Páramo), Sil (Barco de Valdeorras), Miño (Lugo, A Peroxa e Ourense), Avia (Ribadavia), Miño ( Salvaterra do Miño), Tea en Bouza Do Viso (Ponteareas), Louro (Tui), Ladra (Begonte), Ouro (Foz), Cobo (Cervo), Mera (Ortigueira), Eume-Ribeira (As Pontes), Mandeo (Aranga e Betanzos), Mendo (Betanzos), Tambre (Oroso), Furelos (Santiso), Lerez (Pontevedra), Oitaven (Soutomaior) e Rego das Mestas (Valdoviño).

Autor: Ecos da Comarca.


Así está o caudal do río Ulla ao seu paso polo concello de Santiso. Adentro vídeo:

Autor: Ecos da Comarca.

Segundo a información recibida mediante os sistemas de control e seguimento, ao superar os limiares establecidos, estes cursos están a presentar un crecemento significativo dos seus caudais, polo que poden chegar a darse enchentes puntuais. Para evitar situacións de risco, é importe seguir estas recomendacións. (Premer en recomendacións).


NOTICIAS RELACIONADAS:

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page