top of page

Activado o Plan Especial de Protección Civil Inungal polo aumento do caudal do Furelos en Santiso

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Entre as 00 e as 12 horas do día de hoxe, o vento e a chuvia veñen deixando a súa pegada na comunidade con 123 incidencias totais


Laura Moure/Santiso

Entre as 00 e as 12 horas do día de hoxe, o vento e a chuvia veñen deixando a súa pegada na comunidade con 123 incidencias totais. Estanse a deixar sentir, especialmente, nas provincias da Coruña e de Lugo.

Río Furelos. (Foto de arquivo)

As incidencias máis repetidas no territorio galego foron, segundo informa o 112 Galicia, con diferencia, as caídas de árbores e pólas nas estradas (71 en total), seguidas daquelas relacionadas coa prevención de risco (12) e a caída de cables sobre as estradas (9).

Así, na da Coruña, o 112 Galicia contabilizou un total de 70 incidencias, seguidas das 30 rexistradas na de Lugo; 17 na de Pontevedra e, por último, 6 na de Ourense. Aínda que sen incidencias de consideración, a caída de árbores e pólas sobre as vías de circulación marcaron as últimas horas. Na provincia da Coruña rexistráronse 37 incidencias deste tipo; na de Lugo, 22; na de Pontevedra 7 e na de Ourense, 5.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Convén lembrar que está activado o Plan Especial de Protección Civil Inungal polo aumento do caudal e o posible desbordamento dos ríos Lerez, en Pontevedra; do Mera, en Ortigueira; do Furelos, en Santiso; do Mandeo, en Betanzos; do Ouro, en Foz; do Parga, en Guitiriz; do Ladra, en Vilalba; e do Tambre, en Oroso.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page