O caudal do río Deza como indicador da forte seca que padecemos
- ecosdacomarca
- hace 10 horas
- 2 Min. de lectura
Artigo do xeógrafo lalinense Antonio Presas
Antonio Presas, xeógrafo lalinense
En ECOS DA COMARCA compartimos este artigo autoría de Antonio Presas, xeógrafo lalinense, sobre o caudal do río Deza.

O CAUDAL DO RÍO DEZA COMO INDICADOR DA FORTE SECA QUE PADECEMOS.
"A actual seca (falta de humidade nos solos por inexistencia de precipitacións) que estamos a padecer, progresivamente, desde o mes de xullo, queda rexistrada na evolución do caudal diario dos nosos ríos.
Publicidade
O río Deza, o principal afluente do Ulla, que nace na Serra do Candán e Montes do Testeiro, conta cunha estación de aforos cerca da súa desembocadura, en Ponte Cira. Na citada estación rexístrase o seu caudal (cantidade de auga que leva o río nun intervalo de tempo e que expresa en metros cúbicos por segundo) e cos valores de medición efectuados, automaticamente, cada dez minutos, obtense o "caudal medio diario".
Se trazamos unha gráfica co caudal medio diario durante un ano, "hidrograma", podemos apreciar de forma clara e intuitiva a súa evolución, as fluctuacións que experimenta por causa das precipitacións e as variacións estacionais. A finais do verán o caudal acada os valores mínimos, coincidindo coa época seca, a época estival. Os nosos ríos, aínda que son de "réxime oceánico", algúns deles presentan certos matices de mediterranización, marcados por un caudal minimo estival moi baixo. O río Deza é, sorprendentemente, un deses ríos, caracterizado por presentar unha "forte estiaxe".
O hidrograma do ano 2025 (ata 15 de agosto) pode ser considerado como anómalo (irregular), por dúas razóns:
1- Empeza o ano cun caudal moi baixo, en torno a 7 metros cúbicos por segundo. A comezos de xaneiro o seu caudal debería ser máis elevado.
2- Desde xaneiro ata maio o caudal experimenta diversas pulsacións, en concreto o 27 de xaneiro con 165 metros cúbicos por segundo e o 19 de abril con 72 metros cúbicos por segundo.
Publicidade
Estes picos de caudal son de vital importancia para que en inverno-primavera se eleve o seu caudal medio a uns valores, en certa medida, normais.
Desde maio, por falta de precipitacións, o caudal tende a diminuir progresivamente ata chegar, no mes de agosto, a unha situación de "alto estiaxe", aínda que algo inferior ao experimentado no seco ano de 2022 (ver gráfico 1, hidrogramas comparativos de de 2022 e 2025).

Se amplificamos a escala (ver gráfico 2) pódese apreciar, en detalle, a súa evolución ata mediados de agosto e comparala coa situación de escaseza hidrolóxica durante o verán se 2022.

Antonio Presas, xeógrafo lalinense.
Commentaires