top of page

O caudal do Arnego nos anos 2025-2026 (ata o 20 de xullo)

Artigo do xeógrafo lalinense Antonio Presas

Antonio Presas/Lalín


O CAUDAL DO ARNEGO NOS ANOS 2025-2026 (ATA 20 XULLO)


A baixada de caudal dos ríos galegos é notoria desde o mes de abril deste ano, pero entra en valores criticos (prealerta) desde xuño en gran parte dos nosos ríos. O Arnego é un caso máis.

Río Arnego.
Río Arnego.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

O Arnego é un río que se forma na Serra do Faro, nace arriba de Ourín (Rodeiro), conta cunca conca de alimentación hidrolóxica de alto potencial e regular, por iso se pode considerar, sempre que haxa datos suficientes, como un indicador fiable do que sucede nunha gran parte dos ríos galegos, especialmente na Galicia Occidental ou Galicia-Costa.

Pois ben, se comparamos o caudal do río Arnego dos anos 2025 e 2026, pronto se notan as semellanzas e diferencias (ver hidrograma), pero o que máis chama a atención é que no ano 2025 producíronse precipitacións nos meses de abril e maio que influiron na estabilización do caudal do río, mentres que 2026 neses meses non houbo rexistros pluviométricos apreciables e o caudal do Arnego non fixo máis ca decrecer ("fluxo base") desde abril, polo que se pode decir que este ano leva uns dous meses de adianto respecto da aparición da típica "estiaxe" dos nosos ríos.


Para poñer un exemplo, perfectamente claro, é que o caudal do río Arnego era de 3,849 metros cúbicos por segundo o 10 de abril de 2026, mentres que ese caudal aínda se mantiña o 10 de xuño de 2025 con 3,954 metros cúbicos por segundo. A diferencia é de dous meses.

 PUBLICIDADE

Contacta con nós!
Contacta con nós!

A día de hoxe o caudal deste río vai camiño de marcar mínimos históricos e iso repercute, de forma moi directa, nas condicións de vida de todos os seres vivos que habitan esta conca fluvial da Galicia Intermedia (non é exactamente Galicia Costa nin Galicia Interior).


A adopción de medidas paliativas é algo moi necesario e non hai que esperar a que pase máis tempo.


Antonio Presas, xeógrafo lalinense.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page