top of page

O BNG ve "parsimonia" á hora de resolver as deficiencias do centro de saúde de Silleda

Erea Rey destaca o traballo do BNG para lograr a reforma do tellado do centro da Bandeira e pide ao Concello que realice outras labores de conservación pendentes


Ecos da Comarca/Silleda

Logo das preguntas formuladas polo BNG no Parlamento Galego sobre os problemas

estruturais que presenta o centro de saúde de Silleda, a Consellaría de Sanidade vén de responder indicando que xa elaborou un informe ao respecto e sinalando que está impulsando as actuacións necesarias para corrixir as deficiencias detectadas. A este respecto, o BNG pídelle á Consellería celeridade na resolución desas deficiencias, que non son novas e que levan anos padecendo os usuarios.

Nese sentido, desde o Bloque alertan de que as humidades deterioran a estrutura e o mobiliario, ademais de contaminar o ambiente, nun recinto sanitario que debería manter un alto grao de pulcritude. Respecto á rampla de acceso, temen que de non solucionarse poidan producirse novas caídas e accidentes, como xa ocorreu este mesmo inverno cando unha usuaria sufriu unha fractura. Por todo iso, desde o Bloque agardan que as anunciadas actuacións se materialicen antes do próximo inverno e se poña fin a esta situación.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Lembremos que, previamente á iniciativa parlamentaria rexistrada polo BNG no mes de xaneiro, o grupo municipal nacionalista levou a pleno en abril de 2024 unha moción, aprobada por unanimidade de todos os grupos políticos, que xa reclamaba á Xunta o arranxo destas deficiencias". Sobre isto, os concelleiros Erea Rey e Xerardo Díaz lamentan "a parsimonia da Xunta en resolver uns problemas que se coñecen desde hai tempo e que afectan a moitos veciños".


“Se nun ano a Consellería só foi capaz de elaborar un informe, agardamos que non demoren outro ano máis en iniciar as actuacións que poñan fin a estas deficiencias” comenta a portavoz, Erea Rey, que tamén reclama ao Concello e á Xunta o impulsar melloras no mantemento do Centro de Saúde da Bandeira.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Sobre isto, a portavoz puxo tamén en valor o traballo do BNG durante a negociación dos orzamentos locais para conseguir que se incluíse unha partida destinada a reformar, este mesmo ano, o tellado do centro de saúde da Bandeira, e así corrixir as filtracións de auga que se rexistran desde hai anos. Sen embargo, consideran que son precisos outros traballos menores de conservación, tales como o repintado das salas interiores, cheas de humidades, ou a reposición das lámpadas, rotas desde hai anos, polo que piden ao Concello que asuma as súas obrigas de mantemento.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page