O BNG urxe á Xunta a decretar antes de acabar o ano as concentracións parcelarias de Agolada
- ecosdacomarca
- hace 9 minutos
- 2 Min. de lectura
A deputada do Deza, Ariadna Fernández critica o desleixo do Goberno galego cuns veciños e veciñas que queren evitar o abandono do rural
Laura Moure/Silleda
A deputada de Deza, Ariadna Fernández, reclamou onte no Parlamento de Galicia que a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, poña fin a dúas décadas de atrasos e anuncie de inmediato o decreto das concentracións parcelarias das oito parroquias de Agolada que levan esperando por un proceso bloqueado pola Xunta de Galicia desde hai máis de vinte anos, e que tampouco ten previsto nos orzamentos de 2026.

“A quen quere evitar o abandono do rural fano agardar 20 anos por un investimento de 11 millóns, dos que vostedes non poñen nin a metade e que este ano tampouco están especificados nos orzamentos”, recriminou, recordándolle que “hai xente que iniciou esta loita con 55 e agora ten 75 e que aínda así continúa por dignidade e sobre todo por amor á terra, malia estar cansas e frustradas”.
Publicidade
A deputada de Deza, Ariadna Fernández, reclamou no Parlamento que a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, poña fin a dúas décadas de atrasos e anuncie de inmediato o decreto das concentracións parcelarias das oito parroquias de Agolada que levan esperando por un proceso bloqueado pola Xunta de Galicia desde hai máis de vinte anos, e que tampouco ten previsto nos orzamentos de 2026.
“A quen quere evitar o abandono do rural fano agardar 20 anos por un investimento de 11 millóns, dos que vostedes non poñen nin a metade e que este ano tampouco están especificados nos orzamentos”, recriminou, recordándolle que “hai xente que iniciou esta loita con 55 e agora ten 75 e que aínda así continúa por dignidade e sobre todo por amor á terra, malia estar cansas e frustradas”.
“Despois de vinte anos estamos no primeiro dos pasos precisos para facer a concentración das parcelarias”, subliñou a deputada. “Xa non lle vou preguntar se considera que trata de xeito xusto aos veciños e veciñas de Agolada, que xa sei que non. Só lle fago unha pregunta sinxela: neste momento poden decretar as parcelarias de Agolada; vainas decretar antes de que remate o ano, si ou non?”, cuestionou.
Fernández salientou a importancia das parroquias afectadas, situadas na ribeira do río Ulla, que teñen 17.000 parcelas, case nove por hectárea, moi produtivas, con proxectos de plantacións de maceiras, castiñeiros, oliveiras e explotacións gandeiras, de extensivo e intensivo. “Hai vida, pero non grazas á súa Consellería”, afeoulle á titular do Medio Rural.
Publicidade
Recordoulle a contestación dun director xeral, que, diante dos veciños e veciñas que lle recriminaron non facer nada por axilizar o proceso, díxolles que tiñan un problema de minifundismo, e que o desenvolvemento agrogandeiro non era acorde coa alta calidade do terreo. Ademais, espetoulles: “Eu vou cobrar igual, fáganse as parcelarias ou non”.
“Ese é o rural que vostede fomenta, ese é o seu apoio ás explotacións, a quen quere quedar nelas, ao relevo xeracional e a concellos con terras produtivas que precisan dispoñer delas”, concluíu.
Comentarios