top of page

O BNG urxe ao Concello de Lalín a actuar ante as deficiencias na asistencia en saúde mental

O Bloque levará unha moción ao vindeiro pleno na que solicita unha reunión urxente co conselleiro de Sanidade

Ecos da Comarca/Lalín

A saúde mental é actualmente fonte de preocupación entre boa parte da poboación,

tamén das veciñas e veciños de Lalín, tal e como recalca o Bloque deste municipio. De deito, sinala leva moito tempo recollendo as queixas de veciñanza que precisa este servizo básico que non está a garantir a sanidade pública neste concello. Ante todo isto, o BNG levará ao vindeiro pleno municipal unha moción sobre a saúde mental.


O BNG de Lalín ten denunciado publicamente esta situación en numerosas ocasións e mesmo "temos traído a este pleno municipal até dous mocións nos últimos tempos para demandar da Xunta de Galicia a dotación de persoal e servizos axeitados de saúde mental no Centro Integral de Saúde (CIS). A última destas mocións recibiu o voto favorable tamén do grupo de goberno deste Concello, era agosto de 2025, case un ano despois a situación segue a ser dramática para as veciñas e veciños de Lalín que levan máis dun ano agardando, por exemplo, por unha cita en Psiquiatría", lamenta.

A Xunta de Galicia, a través do Sergas, apunta, "vai xa polo segundo Plan de Saúde Mental, anunciando a contratación de profesionais para a Atención Primaria en todo o país,

pero a Lalín non chegou ningún deste plans e seguimos tendo no CIS os mesmos problemas de falta de profesionais e citas neste servizo básicos moi demandado polas veciñas e veciños. Non é de recibo que unha persoa cun intento de suicidio non reciba atención psicolóxica nin psiquiátrica en Lalín, e pase meses sen citas poñendo en perigo a súa vida e o axeitado tratamento para a súa enfermidade. Non é de recibo que unha veciña que ten un tratamento psiquiátrico leve máis dun ano sen cita para revisar a súa medicación. E todo isto está pasando en Lalín".


E informa que moitos dos afectados presentaron xa reclamacións por escrito ao Sergas, e

obtiveron por resposta do Xefe de Servizo de Psiquiatría do CHUS que -textual e por escrito- “os recursos son limitados e facemos o que podemos cos medios que temos”. Os profesionais do propio Servizo de Psiquiatría do CHUS explica por escrito aos afectados que “como a demanda é moi grande, as citas demóranse e non podemos atender a súa demanda de maior frecuencia das consultas, nin máis tempo, pola sobrecarga que sufrimos en tódalas Unidades de Saúde Mental”.


As veciñas e veciños afectados por esta situación falan dun servicio insuficiente e das consecuencias graves e mesmo fatais que esta falta de atención ten nas súas doenzas e os seus procesos de tratamento e curación. Moitos destes pacientes viron como se lle retiraron fai máis dun ano as consultas de Psiquiatría e só contan coas de Psicoloxía e o médico de cabeceira que non son quen de mudar as súas pautas de medicación e resultan insuficientes para tratar axeitadamente as súas doenzas."Mentres iso acontece, a situación na rúa é que os que teñen recursos pagan na privada e os que non os teñen están desatendidos", sinalan os nacionalistas.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O BNG leva tempo denunciando a asistencia en saúde mental de segunda categoría que a veciñanza de Lalín está a padecer e exixe que dunha vez por todas o PP no concello "deixe de mirar cara outro lado e procure solucións e melloras reais para a veciñanza de Lalín nun tema fundamental como é a sanidade. Os recortes teñen estes efectos perversos, e o PP na Xunta leva máis de 15 anos aplicando as tesoiras á sanidade pública. A situación ten un responsable, que é o Goberno galego, e o Concello de Lalín ten que estar do lado das súas veciñas e veciños e reclamar onde corresponde unha sanidade pública de calidade e unha atención da saúde mental digna para todas e todos os usuarios do CIS".


Por todo isto, demanda da Consellería de Sanidade que dote ao CIS de máis persoal na área de saúde mental, persoal fixo e estable que dependa do propio CIS e non do CHUS.

"Como mínimo, exiximos que o Sergas cubra as prazas actuais, que xa son as mínimas posibles, e que se cree unha praza máis en psiquiatría e outra en psicoloxía para que a veciñanza que precisa destes servizos sanitarios públicos non teña que verse obrigada a ir á privada quen ten recursos económicos, ou senón quedar totalmente desamparado debido á longa periodicidade das mesmas, ou como acontece nos últimos meses que xa nin exista".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

Por todo o anteriormente exposto, o Grupo Municipal do BNG insta ao Pleno de Lalín á adopción do seguinte


ACORDO:

1. Instar á Xunta de Galicia a dotar ao Centro Integral de Saúde de Lalín de dúas prazas máis, unha de psicoloxía e outra de psiquiatría, asignadas directamente ao propio CIS e non ao CHUS, detalle moi importante que aportaría estabilidade á prestación do servizo neste centro de saúde e á correcta atención da veciñanza.

2. Solicitar unha reunión urxente co Conselleiro de Sanidade para trasladar estas demandas e esixir compromisos concretos con prazos de execución.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page