top of page

O BNG traslada ao Parlamento Galego a situación do colexio Scientia Lalín e reclama solucións

5 jul 2025
2 min de lectura

Demanda resolver as constantes incertezas ao redor da continuidade do centro educativo


Ecos da Comarca/Lalín

O BNG traslada ao Parlamento Galego a situación do colexio Scientia Lalín reclamando solucións para as familias e o persoal. A deputada lalinense Ariadna Fernández presentou iniciativas ao respecto da problemática que arrastra o centro Scientia Lalín, con propostas nas que reclama o compromiso da Consellería de Educación para resolver as constantes incertezas ao redor da continuidade do colexio.

"As dificultades que o Scientia Lalín presenta dende anos atrás, son unha das temáticas lalinenses recorrentes curso educativo tras curso educativo, supoñendo graves problemas para as familias e para o persoal do centro. Con máis de douscentos alumnos/as matriculados, ningunha das etapas que se ofertan no colexio é allea aos conflitos sobre o mantemento dos servizos educativos neste centro, que se agrava nos períodos de matriculacións e comezos de curso".


E recalca que "a crise desatada en setembro do 2024 ao respecto da escola infantil do Scientia, que deixou sen servizo a moitos pais e nais con crianzas de 0-3 anos de idade a comezos de curso e cun regueiro de traballadoras pendentes de cobro, derivou na necesidade de creación de prazas públicas nas escolas infantís de titularidade da Xunta de Galiza co obxectivo de conseguir ofertar o servizo educativo e de conciliación esencial no concello".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Os problemas, apunta o Bloque, "non cesaron, sucedéndose coa nova, a principios de ano, da entrada en concurso de acredores do Scientia, coa posterior reunión de traballo do BNG de Lalín, o representante da CIG e membros da plantel do centro para abordar o conflito e as posibles alternativas para rematar coa situación que se xera entre as traballadoras e as familias".


Xa naquel momento, os nacionalistas rexistraron no Parlamento Galego iniciativas ao respecto, nas que se propoñían alternativas que aportasen estabilidade a todos os afectados polo posible peche do colexio, encamiñadas a que dende a Consellería de

Educación se fixesen cargo da súa xestión e asegurasen a súa permanencia, de vital

importancia no concello de Lalín. A proposta, que chegou ao goberno lalinense na derradeira sesión plenaria do concello de Lalín en forma de moción presentada polos

nacionalistas, "recibiu o voto en contra do PP, a pesares de poñerse enriba da mesa a

incerteza e descoñecemento do futuro do centro, co que iso conlevaría para Lalín".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A deputada Ariadna Fernández elevará estas cuestións a sede parlamentar para tentar acadar o compromiso por parte do goberno galego da xestión e integración na rede pública do centro por parte da Consellería de Educación. Transmitirá a necesidade de que

se garanta a continuidade do servizo educativo para as familias e as crianzas e se traballe

para o mantemento de todos os postos de traballo do Scientia, "sen que Lalín quede

nunha situación preocupante de ter que prescindir deste centro educativo e das prazas

que oferta".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page