O BNG traslada ao Parlamento a preocupación veciñal de Agolada ante unha planta de biometano
- ecosdacomarca

- hace 9 horas
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Agolada
O BNG traslada ao Parlamento Galego a preocupación veciñan sobre a posible implantación dunha planta de biometano en Agolada, que especialmente, afectaría as parroquias de Artoño, Eidián, Berredo e Borraxeiros. Así preguntas, inquedanzas e dúbidas da veciñanza das parroquias afectadas pola posible instalación dunha planta de biogás no concello agoladés son rexistradas no Pazo do Horreo por parte dos nacionalistas, que continúan a defender que a instalación desta tecnoloxía require dunha regulación clara.

Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

O Bloque recalca que o mesto número de plantas de biogás espalladas polo país e o avance desta tecnoloxía non deixa fóra de influencia a Deza, onde Agolada resulta tamén afectada por unha previsible instalación. Os lugares máis afectados prevén ser Amance, Artoño, Eidián, Buxel ou Borraxeiros, onde a veciñanza recibiu ofertas sobre os terreos e á que se visitou a empresa promotora de xeito reiterado, causando certa alarma social. “Recollemos as dúbidas e as inquedanzas da xente que vive no territorio que resultará afectado para que dende a Consellería de Medio Ambiente respondan con responsabilidade e seriedade, situándose nunha postura de protección do territorio, das
persoas e do medio ambiente” adianta a deputada Ariadna Fernández sobre as iniciativas.
Publicidade
As informacións sobre a localización que baralla a promotora deixan no aire a posibilidade de que se faga preto de núcleos de poboación, coa mobilización veciñal na contra desta
planta de biogás mesmo antes de ter a autorización e que remataron por levar o tema ao
pleno municipal, onde o rexeitamento proposto polo BNG resultou saír adiante coa abstención do PP.
Publicidade
Fronte á problemática que anuncian que resolverán estas plantas, Fernández sostén que “o sector agrogandeiro precisa terra, superficie agraria útil para producir e para poder usar o seu xurro, para non depender de comprar alimento para as nosas ganderías e que a produción sexa rendible. O xurro é un recurso que debemos xestionar ben e para iso hai que mobilizar terra, tamén en Agolada, un concello gandeiro que precisa de que as administración lle dea as ferramentas necesarias para producir de xeito sostible e sustentable”. Así mesmo lembra que dende o BNG solicitan unha regulación clara para a
instalación destas plantas, para que no caso de precisárense sexan útiles no sector
agrogandeiro e prioricen sempre os criterios sociais e medioambientais por enriba dos económicos.








Comentarios