top of page

O BNG rexistra unha nova iniciativa parlamentaria para que se reactiven as parcelarias de Agolada

27 oct 2022
2 min de lectura

E esixe que se informe á Asociación Queremos Parcelarias dos avances das mesmas


Ecos da Comarca/Agolada

O BNG volve rexistrar unha nova iniciativa parlamentaria para que se reactiven as concentracións parcelarias en Agolada e se informe á Plataforma Queremos Parcelarias dos avances das mesmas. En concreto, na Iniciativa Legislativa Popular (ILP) pídese que a asociación “Queremos Parcelarias” de Agolada sexa recibida pola Directora Xeral de Desenvolvemento Rural dando resposta así á solicitude feita o 3 de novembro de 2020, a punto de cumprirse un ano.

Así mesmo, demanda que dende a Consellería de Medio Rural se lle faga á Asociación Queremos Parcelarias de Agolada notificación oficial dos avances e tramitacións feitos nos procesos de concentración parcelaria nas parroquias de Agolada comprometidos nas conversas e negociacións levadas a cabo coa veciñanza.


E por suposto, demanda "que se retomen os procesos de reestruturación parcelaria nas parroquias de Baíña, Sexo, Agra e Val, Berredo, Eidián, Basadre e Ramil e se inicien nas de Sesto e Brocos, todas elas pertencentes ó concello de Agolada dando así validez á palabra dada polo conselleiro a mediados de novembro de 2019".


Alta capacidade produtiva

O deputado nacionalista, X.L. Rivas, Mini, considera esta actuación "como prioritaria porque estamos a falar de parroquias ribeireñas do Ulla cunha alta capacidade produtiva e con proxectos de aproveitamento e desenvolvemento rural novidosos xunto a outros xa consolidados. Trátase dunha superficie próxima ás 6.000 hectáreas". E por outra banda, cre "que a abundancia de explotacións intensivas de porcino, aves e coellos e o complemento que a abundancia destes fertilizantes pode supoñer á existencia de proxectos agrogandeiros viables na súa base territorial e con posibilidade de asentamento poboacional nun concello aqueixado de despoboamento por falta de apoio das distintas administracións. O proceso de concentración parcelaria nas parroquias ( Baíña, Sexto, Agra e Val,Berredo, Eidián, Basadre e Ramil ) de Agolada iniciouse hai 20 anos. Os traballos realizados ( levantamento topográfico e Declaracións de Impacto Ambiental entre

2005 e 2009) supuxeron un investimento de 830.000 euros. No ano 2010 paralízanse os

traballos".

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

E lembra que no ano 2017 "vendo que continuaba a paralización do proceso de concentración da mencionada zona, comeza un calvario de traballo para a veciñanza, que reclama un futuro para o seu concello, mentres a Xunta fixo promesas incumpridas, da largas ao asunto, tratando de que se dilate a ver se por aburrimento se esquece o asunto.

Das distintas reunións mantidas nas que prometeron retomar os traballos, obrigaron a unha nova recollida de sinaturas, anuncios dunha nova lei que axilizaba os procesos, anuncio de que xa comezara os estudos previos de reestruturación parcelaria nas zonas pendentes e que había no “listado de agarda” 17 diante das súas peticións. Curiosamente nestas datas e desde aquela van 28 iniciadas sen que as da Agolada teñan recibido nova algunha", lamenta.

O deputado nacionalista considera que "é obriga da Admistración recibir á Plataforma e que den conta dos traballos realizados ata o momento para avanzar no proceso de concentración parcelaria en Agolada".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page