top of page

O BNG requírelle a Naturgy e á Xunta que cumpran coas súas obrigas no ferri de Portodemouros

O Bloque manterá nas vindeiras semanas asembleas informativas nas parroquias afectadas convocando mobilizacións veciñais de continuar a sufrir este incumprimento


Ecos da Comarca/Xeral

Os nacionalistas de Santiso, Arzúa e Vila de Cruces esixen que se respete o acordado no contrato con Naturgy e instan á Xunta de Galicia a poñer solucións enriba da mesa que

garantan os dereitos dos vecinos de ambas as marxes do encoro e respetando o acordo parlamentar unánime acadado no 2021.

ree

O pasado 10 de outubro, ao carón das rampas do ferri que comunica as parroquias de Beigondo (Santiso) e Loño (Vila de Cruces), un grupo de veciños e veciñas afectados pola

suspesión do funcionamento da barcaza que comunica ambas as dúas comarcas reuniuse co portavoz do BNG cruceño, Álex Fiúza, e os alcaldes de Santiso e Arzúa, Manoel Adán e Xoán Xosé Carril, acompañados polas parlamentarias nacionalistas adscritas ás comarcas afectadas, Iria Carreira e Ariadna Fernández.


A xuntanza, motivada pola nova da interrupción durante todo o mes de outubro do servizo do ferri que une as dúas ribeiras do Ulla, reuniu a medio cento de persoas, que de xeito reiterado nos últimos anos levan sufrido cortes no servizo, xerando un grande malestar e prexuízo para a poboación, cuxa mobilidade entre as dúas parroquias se ve severamente minguada. Como resultado do encontro e despois das intervencións dos representantes políticos e de varios veciños e veciñas afectados que trasladaron abertamente as súas queixas, os nacionalistas acadaron o compromiso de presionar na medida do posible dende as distintas institucións para resolver esta eiva.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Derivado das conversas e posta en común, a deputada Ariadna Fernández e Iria Carreira rexistraron sendas iniciativas parlamentares co obxecto de que a Xunta de Galiza a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade cumpra co acordo ao que xa chegou o seu compañeiro de formación Mini Rivas na cámara, a través do cal conseguiu "unha unanimidade que quedou en papel mollado por parte do PP". Por outra banda, os alcaldes de Santiso e Arzúa, así coma o grupo do BNG de Vila de Cruces veñen de remitirlle á empresa concesionaria e a Augas de Galicia un escrito onde se solicita que se cumpra coa obriga de manter o funcionamento do servizo da barcaza de xeito permanente, instando a todos os implicados a tomar as medidas conrrespondentes e deixar de tratar con desleixo a poboación afectada polo encoro.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Co obxectivo de seguir mantendo á veciñanza informada o BNG manterá nas vindeiras semanas asembleas informativas nas parroquias afectadas, convocando mobilizacións veciñais de continuar a sufrir este incumprimento que obriga a veciños e veciñas a percorrer media hora de traxecto por falla da barcaza, que os conecta coa outra beira en dez minutos.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page