O BNG reclama unha "xestión responsable dos residuos por parte do Concello de Lalín"
- ecosdacomarca

- hace 3 días
- 2 Min. de lectura
Fernández denuncia "a permanencia de residuos contaminantes potencialmente tóxicos en dependencias públicas do Consello de Lalín, sen que cumpran coa normativa vixente"
Ecos da Comarca/Lalín
Os nacionalistas amosan a súa preocupación "por uns bidóns de residuos localizados en dependencias municipais de Lalín sen que se cumpran as medidas de protección e
xestión adecuadas, co risco que iso implica". Ditos bidóns, apunta o BNG, "atópanse detrás das naves que usa protección civil, resgardados baixo o que semella unha vella marquesiña e sobre unha cama de area que pretende evitar posibles efectos derivados do seu vertido, nada que ver co que a normativa require nestes casos e con pouca posibilidade de éxito a xulgar pola cantidade de líquido que albergan".

A Lei 7/2022 do 8 de abril de residuos e solos contaminados para unha economía
circular, indica claramente no seu artigo 20, e tal e como salienta o Bloque, "as obrigas que o produtor inicial ou outros posuidores teñen no relativo á xestión de residuos, marcando unha serie de obrigas ao respecto do seu tratamento. Neste caso, os residuos, que se sitúan nunha área accesible a calquera persoa que se achegue, nunha zona visible e sen protección aparente, á intemperie co efecto que poden ocasionar ás choivas, cun claro risco de escorregamento, sen que ninguén se encargue do seu tratamento responsable".
Publicidade
O BNG solicítalle ao goberno a resolución urxente deste posible incumprimento por parte das autoridades competentes, que protexan tanto os solos coma a auga da contaminación, cunha actuación que se encadre no marco da legalidade, protexendo aos
veciños e veciñas e mellorando a imaxe que o concello con este tipo de actitude.
Publicidade
“Non se lle pode pedir á veciñanza que xestione os seus residuos conforme á normativa mentres o goberno ten este tipo de acumulación nas súas parcelas, é unha irresponsabilidade para os e as lalinenses e para o medio ambiente que agardamos que se resolva de inmediato coa maior dilixencia posible por parte dos responsables”, sinala Ariadna Fernández.








Comentarios