top of page

O BNG reclama ao Concello de Silleda que informe da nova liña de alta tensión A Estrada-Paizás

hace 6 horas
2 min de lectura

Ecos da Comarca/Silleda

O BNG de Silleda reclama ao Goberno municipal que actúe ante o proxecto dunha nova liña de alta tensión de 66 kV que conectará a subestación eléctrica da Estrada coa de Paizás, en Silleda, e que afectará a veciñanza de distintas parroquias do municipio.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

Para o BNG, máis alá das características técnicas do proxecto, "o que resulta especialmente preocupante é a falta de información e iniciativa por parte do Concello de

Silleda ante unha actuación que afecta directamente ao seu territorio e á súa veciñanza".


A formación nacionalista considera especialmente significativa a diferenza coa resposta

dada polo Concello da Estrada. "O goberno estradense xa anunciou a convocatoria de

reunións coas persoas afectadas das 14 parroquias para explicar o proxecto e acompañalas durante o período de alegacións, ofrecendo ademais asesoramento

gratuíto e modelos de alegación elaborados cunha empresa especializada".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

De feito, esta mesma semana veciños e veciñas de Dornelas, apunta o BNG, desprazáronse a Loimil, onde participaron nunha reunión informativa coa presenza do tenente de alcalde da Estrada, Alberto Blanco, acompañado por persoal técnico da empresa contratada polo concello para prestar asesoramento. “Mentres na Estrada o concello estea reunindo á veciñanza, explicándolle o proxecto e poñendo medios para que poida presentar alegacións, en Silleda non se estea facendo absolutamente nada, como xa nos ten acostumados este goberno”, sinala a portavoz Erea Rey.


Desde a formación consideran que o Concello de Silleda debe adoptar unha posición activa e informar canto antes ás parroquias afectadas, explicando o alcance do proxecto, os posibles impactos e os prazos existentes para presentar alegacións.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

O BNG reclama tamén que o Goberno municipal poña á disposición da veciñanza os medios técnicos e xurídicos necesarios para que as persoas afectadas poidan coñecer

os seus dereitos e participar no procedemento con todas as garantías. “A veciñanza de Silleda non pode quedar atrás nin ter menos información ou menos apoio simplemente porque o Concello non actúe; se existe un proceso de alegacións aberto e hai persoas afectadas no noso municipio, o concello ten a responsabilidade de informar, acompañar e defender os intereses da veciñanza”.


O BNG pide, polo tanto, que o Goberno municipal convoque reunións informativas nas parroquias afectadas, facilite acceso á documentación do proxecto e explique publicamente cal vai ser a posición do Concello ante esta nova infraestrutura. Para o BNG, a transparencia e a participación veciñal deben ser unha prioridade desde o primeiro momento, especialmente cando se trata de proxectos de infraestrutura que poden ter incidencia directa sobre propiedades, explotacións e o territorio das parroquias de Silleda.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page