top of page

O BNG propón recuperar o antigo Cine Lalín para convertilo na Casa da Cultura

Mari Fernández defende este céntrico espazo polas súas posibilidades culturais e ubicación


Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín retoma a proposta electoral das pasadas eleccións na que aposta decididamente por conquerir para a veciñanza lalinense o edificio do antigo Cine Lalín e convertilo nunha Casa da Cultura, céntrica, multifuncional e punto de referencia para as distintas expresións culturais lalinenses. A responsable local, Mari Fernández, está convencido de que nestes intres se dan as circunstancias para adquirir este inmoble e restauralo para executar “un proxecto esencial para dinamizar os movementos culturais do noso concello e que incluso axudaría a dárlle vida ao centro da vila”.

Os nacionalistas levan tempo valorando esta operación, que integraría no patrimonio municipal un dos edificios simbólicos do casco urbano de Lalín, “un espazo ideal para

conferencias, cursos, exposicións, concertos, teatro, cine e múltiples actividades de ocio

e cultura”. Ademais, Mari Fernández Sanmartín destaca que o emprazamento deste

inmoble suporía para os veciños e veciñas da vila poder acceder a distintas actividades

“sin problemas de desprazamentos nin aparcamento”.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

No corazón de Lalín, na rúa Loriga, fronte á Praza dos Nenos, o antigo Cine Lalín é

ademais e a pesares do seu estado de abandono “un dos emprazamentos favoritos na

nostalxia dos veciños e veciñas de Lalín”. De feito o BNG lembra que no ano 2015 nunha enquisa á veciñanza sobre a restauración deste edificio ou do Manuel Rivero, “o 55 por cento dos enquisados optaron polo antigo cine”.


Diante desta demanda vecinal, o BNG recollía no seu programa a compra deste edificio e a súa recuperación para convertilo nunha Casa da Cultura que concite todos os movementos, inquedanzas e actividades culturais no centro da vila. O proxecto do BNG para o antigo cine contempla un espazo de ensaios, un patio vexetal, sala de exposicións

e actividades, aula multifuncional, área expositiva e distintos locais a disposición dos

colectivos sociais e culturais que demandan do goberno local lugares onde desenvolver

a súa actividade.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Operación ambiciosa

Segundo destaca a responsable nacionalista, este proxecto contemplaría a renovación da fachada, mantendo a súa estrutura” xa que se trata dun edificio reformado nos anos 60

polo arquitecto Emilio Quiroga e conta cunha fachada racionalista que figura nos libros de arquitectura pola súa relevancia. A operación de compra estaría agora nun momento óptimo logo de pasar de mans da antiga Obra Social de Caixa Galicia á entidade

bancaria Abanca.


Segundo explica Fernández “o antigo cine de Lalín merece esa operación, pola súa ubicación, a súa simboloxía e a importancia que ten para os veciños e veciñas de Lalín que en algún momento das súas vidas acudiron alí a ver unha película”. Por iso o BNG insta ao goberno local a iniciar contactos con todas as administracións para que esta

operación saia adiante e permita dotar a Lalín “dunha Casa da Cultura encravada no

corazón da vila que latexe a ritmo da actividade social e cultural do noso concello”.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page