top of page

O BNG propón cubertas e zonas de sombra nos parques infantís urbanos de Silleda

Ecos da Comarca/Silleda

O BNG de Silleda vén de presentar unha moción que se debaterá no pleno ordinario de xaneiro, na que propón dotar os dous parques infantís urbanos da vila de cubertas e sistemas de sombra que permitan o seu uso durante todo o ano.

Segundo a formación nacionalista, moitas familias teñen trasladado de maneira reiterada a súa preocupación pola inutilización dos parques infantís durante boa parte do ano. Nos meses de inverno, a chuvia fai imposible o seu uso, e no verán, a exposición directa ao sol quenta o plástico dos xogos ata niveis perigosos, sen ofrecer sombra nin protección ás crianzas nin ás persoas adultas que as acompañan.


 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA


A voceira municipal do BNG, Erea Rey, explica que “un parque infantil non pode ser un espazo que só se usa uns poucos días ao ano. Hai solucións sinxelas e asumibles que

permitirían que as crianzas xoguen de maneira segura e as familias poidan estar máis cómodas”.


A moción propón actuar en dous ámbitos:

Parque da igrexa: incorporar ao proxecto de reforma anunciado para este ano un sistema lixeiro e non invasivo, que permita instalar lonas ou elementos de sombra no verán e que sexa plenamente respectuoso co contorno e co patrimonio arquitectónico.

Praza da Feira Vella: estudar a instalación dunha estrutura máis sólida e resistente, capaz de protexer tanto da chuvia como do sol, dada a amplitude e configuración do espazo.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Para Rey, “non falamos de grandes obras nin de inversións imposibles: falamos de compromiso, planificación e vontade de mellorar. Iso é o que nos piden as familias, e iso

é o que estamos a trasladar ao pleno con esta proposta”.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O BNG destaca que a mellora dos espazos públicos de xogo e convivencia forma parte dunha visión máis ampla dun concello funcional e pensado para a vida diaria da xente. A iniciativa enmárcase na campaña de escoita activa que o BNG de Silleda está a desenvolver co conxunto da veciñanza para identificar necesidades reais e impulsar propostas útiles e concretas que melloren o día a día no concello.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page