top of page

O BNG propón unha comisión municipal para afrontar os “preocupantes indicadores económicos” de Lalín

Mari Fernández urxe ao goberno do PP a “sentarnos, analizar os datos e poñer solucións enriba da mesa”


Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín considera, á vista dos últimos datos de indicadores económicos relativos ao concello e publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) que “urxe desde o Concello facer unha análise rigorosa dos datos e estudar a posta en marcha de medidas dentro das competencias locais para paliar os preocupantes indicadores económicos que arrastra en cada estatística o noso concello”.

A responsable local, Mari Fernández Sanmartín, advirte diante das cifras oficiais que “nun momento como o actual de aumento do IPC, co custe da vivenda disparado e a incerteza económica global, un goberno responsable non pode facer deixazón de funcións”. O BNG de Lalín “ten feitos os deberes”, asegura Fernández Sanmartín, “e pedimos que o goberno do PP afronte a realidade e o futuro da nosa veciñanza e conforme unha comisión municipal ou unha mesa de traballo coa representación de todos os grupos para analizar con seriedade a situación económica do noso concello e procurar solucións que axuden de verdade á veciñanza”.

 PUBLICIDADE

Para o BNG de Lalín é “inasumible” que a renda bruta por habitante no concello sexa 4.133 euros anuais por debaixo da media galega, e mesmo case 300 euros por debaixo

da media da comarca. "Segundo os últimos datos do IGE as veciñas e veciños de Lalín

teñen unha renda bruta por habitante de 15.920 euros, fronte aos 19.053 da media

galega e aos 16.213 da media da Comarca do Deza, onde Rodeiro e Silleda colócanse á

cabeza de renda bruta por habitante".


Destaca Mari Fernández Sanmartín que “con estas rendas medias tan baixas, a veciñanza de Lalín ten que facer fronte a alugueiros de vivendas entre os máis caros do país e ao incremento de prezos de combustíbeis e da cesta da compra que está a provocar de xeito desbocado o panorama xeopolítico mundial e a guerra ilegal na que estamos inmersos”. Hai un par de días se coñecía o último dato adiantado do IPC, cun encarecemento do prezo da vida dun 3,3%, “o BNG non entende que o goberno municipal do PP permaneza impasible -igual que está a facer o goberno de Rueda na Xunta- agardando que outros adopten solucións para a cidadanía”.


Sentarse e arremangarse

“Hai moitas cousas que pode e debe facer un goberno municipal responsable”, asegura Fernández Sanmartín, “e non son precisamente aumentar a débeda da veciñanza e

subirlles as taxas e impostos”. O BNG de Lalín “exixe actuar”, e cos datos sobre a mesa e o traballo feito “pedimos ao goberno do señor Crespo que se sente e se arremangue” creando unha comisión ou mesa municipal “na que todos podamos estudar a situación e

poñer sobre a mesa políticas e medidas para que esta nova crise que se aveciña non se

cebe coa veciñanza de Lalín”.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Destaca Fernández Sanmartín que “é urxente afrontar a situación e ter un plan de futuro, é o que ten que facer un goberno municipal responsable”. A responsable local do BNG demanda a Crespo “que poña día, hora e lugar para empezar a traballar todos xuntos antes de que os efectos económicos provoquen na veciñanza de Lalín situacións de

emerxencia social que o goberno do PP non vai poder afrontar”. Desde o BNG de Lalín “temos preparada unha batería de políticas que poden desde xa empezar a poñer solución a un problema que leva anos aumentando mentres o goberno do PP mira cara

outro lado”.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page