top of page

O BNG presenta un programa municipal para loitar contra a soidade non desexada en Lalín

Sinala que no último ano aumentou no concello un 3% a poboación maior de 65 anos, principal foco desta problemática social


Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín segue moi preocupado e priorizando medidas contra a soidade non desexada neste concello. Cos datos oficiais na man e logo de ter feito traballo sobre o terreo arredor deste problema social considerado de máxima gravidade mesmo pola Organización Mundial da Saúde (OMS), desde o BNG de Lalín demandan a posta en marcha de medidas tanto de prevención como de atención deste problema social, que afecta de xeito especial a este concello.


"Cos últimos datos de poboación do Instituto Galego de Estatística (IGE) na man, en Lalín a poboación maior de 65 anos supera o 32% do total -seis puntos porcentuais de envellecemento da poboación por riba da media galega-. A poboación maior é segundo o Barómetro da Soidade non Desexada na Galiza 2024, a que máis sofre situacións de soidade non desexada". Por iso o BNG de Lalín considera “prioritario”, seguindo a demanda social e as recomendacións da OMS, a posta en marcha dun completo programa dotado de medios materiais e persoais, para atallar a soidade non desexada en

Lalín.

En base aos datos demográficos oficiais neste concello, a porcentaxe de persoas maiores non deixa de medrar, aumentando un 3% entre os datos de 2023 e os últimos datos do IGE de xullo de 2024 -as últimas estatísticas poboacionais a nivel municipal dispoñibles-. Cos datos de xullo de 2024, Lalín representa o 51,1% da poboación total da Comarca de Deza, e supera a media galega de poboación maior de 65 anos de Galicia, situada segundo o IGE nun 30,6% de poboación maior de 65 anos. “Coa nosa estrutura

de poboación non podemos poñernos de perfil nin mirar cara outro lado, o feito de ser

un concello rural e cun alto porcentaxe de envellecemento nos fai diana dos casos de

soidade non desexada”, afirma a responsable local Mari Fernández.


A OMS leva anos alertando desta epidemia social, que non só afecta ao benestar da

veciñanza, senón que chega a ter importantes repercusións na saúde física das persoas.

"Desde o BNG de Lalín tamén levamos anos traballando sobre esta problemática que

formou parte do programa electoral das municipais de 2023, pero diante do pasotismo

e a inacción tanto do goberno do PP de Lalín como da Xunta de Galicia, que só teñen

iniciativas illadas e anuncios baleiros, o BNG de Lalín unha vez máis toma a iniciativa

para mellorar o benestar e a calidade de vida da nosa veciñanza".

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA


“Non é un problema inventado”, explica Mari Fernández Sanmartín, “hai datos oficiais e un Barómetro de Soidade non Desexada” en Galiza que alerta de que “1 de cada 5 persoas no país síntese soa” (un 19,8%), e un 15,2% da poboación galega asegura que sofre “soidade crónica”. A afectación desta problemática social afecta nun 12,7% da poboación no caso dos concellos de entre 10.000 e 50.000 habitantes, e un 42,7% dos afectados mira cara aos concellos como as administracións que deben liderar a loita contra este problema social.


“O BNG de Lalín non mira cara outro lado”, asegura a súa responsable local. "Sabemos que coa porcentaxe de persoas maiores da nosa poboación e a afectación tamén da soidade non desexada entre a mocidade (un 35,5% da mocidade galega di sentirse soa

sen desexalo) e tamén da poboación estranxeira (un 51% dos estranxeiros que residen na Galiza afirman sentir soidade non desexada), ten que levar aos responsables políticos a tomar decisións e medidas efectivas e dotadas de persoal e recursos económicos” para facer fronte a este problema".

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Mapeo e rede de detección e apoio contra a soidade

O BNG de Lalín considera “fundamental” que os Servizos Sociais municipais “como administración máis próxima ao cidadán” sexan o “piar básico” dun mapeo sobre o terreo en todo o Concello para poñerlle “cifras e nomes” a esta problemática social. “Non chega con dicir que investimos en servizos sociais, hai que planificar e achegar eses servizos á veciñanza, a cada persoa e a cada casa”, advirte Mari Fernández.


O BNG considera tamén “fundamental” a colaboración institucional co Colexio de Psicólogos e coas organizacións de voluntarios para crear unha auténtica “rede de detección e apoio” destes casos. Tamén para os nacionalistas lalinenses “é prioritario escoitar á xente, non chega con tecer unha rede electoralista de parroquias e pedáneos”,

advirte Mari Fernández, senón que a fórmula pasa por “un traballo en rede, capitaneado

polo Concello, dirixido polos servizos sociais e usando como instrumento aos colectivos

de profesionais e voluntarios”.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Destaca a súa responsable local que “Lalín pode facer fronte a este problema social, non é cuestión de cartos senón de responsabilidade dos gobernantes municipais e xestión dos recursos que son de todas as veciñas e veciños de Lalín”. Critica Mari Fernández que “o único que o goberno local do PP fai nas nosas parroquias é ximnasia e folclore unha vez ao ano”. Por iso o BNG de Lalín insta ao goberno do PP a “baixar ao terreo, ver a nosa realidade poboacional e traballar coa veciñanza para que os e as lalinenses non só vexan como lle suben os impostos e taxas municipais e dunha vez por todas sintan que o que aportan sirve para mellorar o seu benestar e a súa calidade de vida”.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page