O BNG preguntará de novo no Parlamento Galego sobre a dotación dunha ambulancia medicalizada a Lalín
Ecos da Comarca/Deza
O BNG levará ao Parlamento Galego de novo varias pregustas en relación á mellorar do transporte sanitario terrestre, especialmente a necesidade de dotar a Lalín dunha ambulancia medicalizada.

En concreto, Montserrat Prado Cores, Olalla Rodil Fernández e Iria Carreira Pazos,
deputadas do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro
do disposto no Regulamento da Cámara, presentan as seguintes preguntas para resposta
oral escrita:
Considera suficiente a Xunta a dotación de emerxencias nas comarcas de Lalín Deza, Barbanza, Bergantiños, Baixo Miño, Valdeorras...?
Considera que @s veciñ@s destas comarcas poden recibir unha atención sanitaria rápida e con garantías, diante dunha patoloxía de gravidade, carecendo de ambulancia medicalizada, SVA?
Tendo en conta que o tempo é un factor esencial, considera que os veciñ@sdestas comarcas teñen as mesmas oportunidades diante dunha patoloxía de gravidade que @s de outras zonas do país?
Cales son as isócronas operativas destas comarcas en caso de precisar unha ambulancia de SVA?
Ten intención o Goberno galego de dotar estas comarcas dunha ambulancia medicalizada? De ser así en que prazo?







Comentarios