O BNG pide que se aclare como se vai garantir que os usuarios de Dozón teñan praza na residencia
- ecosdacomarca

- hace 19 minutos
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Dozón
O BNG solicita que a Xunta aclare como se vai garantir que os usuarios de Dozón e da comarca terán prazas na residencia. Sinala que "a administración local e autonómica contradise nas respostas sobre o asunto, xerando dúbidas sobre a atención dos veciños e veciñas, que non terán prazas reservadas e continuarán a estar desprazados polo país para poder ser atendidos, lonxe da súa casa e da súa familia".

“A nova da construción da residencia sita en Dozón non rematou por ser garante de que os nosos maiores quedarán preto da súa casa, de que tanto na comarca coma na propia localidade teremos prazas de residencia e centro de día adaptadas ás nosas necesidades” declarou a deputada nacionalista Ariadna Fernández esta mesma semana
tras recibir a resposta da Xunta de Galiza ás iniciativas rexistradas polo BNG. Nelas
solicitábase que se aclarase que vai pasar coa residencia de Dozón e se van ter preferencia os veciños e veciñas, ante as respostas contraditorias sobre o tema do alcalde de Dozón, que segundo Fernández “dixo que habería prazas para os seus veciños e veciñas e logo desdíxose, nun engano evidente”.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

No acordo da FEGAMP explicítase literalmente “ que se garantirá que as persoas usuarias destes centros sexan do entorno municipal ou comarcal”, mais o BNG apunta que "a realidade é que nas respostas da Xunta de Galiza non falan da posibilidade da reserva de prazas e o propio alcalde asegurou “non ser posible”, nun pleno no que recoñeceu que en todas as residencias hai listas de agarda, máis nas urbanas que nas rurais".
A falla de compromiso coa xente de Dozón é clara segundo o BNG, que acusa ao rexedor local de “non defender os intereses dos seus veciños e veciñas, que continuarán espallados polas residencias do país sen que sexa capaz de priorizar os criterios de proximidade sobre os outros”.
Publicidade
No relativo a eses criterios de admisión Fernández indica que “non se garante que un dependente de grao II residente en Dozón coa súa familia sen que esta poida atendelo, entre na residencia de xeito prioritario, xa que as condicións que máis puntuación moven non son as da proximidade, esa é a realidade que nos ofrece o señor Campos e o señor Rueda”.
Publicidade
Os nacionalistas adiantan que continuarán a solicitar o que o propio acordo relata, que se garanta que a veciñanza de Dozón e da comarca teña prioridade e se garanta que ten praza na futura residencia, “por unha cuestión de respecto pola xente e polos criterios que o BNG sempre defende, que é que ninguén teña que marchar do seu entorno para ser coidado”.








Comentarios