top of page

O BNG organiza hoxe un acto en Melide en contra da militarización e a escalada belicista

Contará coa presenza de Manuel Caride Correa e Lucía López Sobrado


Ecos da Comarca/Melide

O BNG organiza un acto este xoves 28 en Melide no marco da campaña que está a desenvolver a nivel nacional “Na Galiza: paz, soberanía e dereitos”. Terá lugar no Edificio

Multiusos ás 20 horas e contará coa participación de Manuel Caride Correa e Lucía López Sobrado.

Manuel Caride é coautor do caderno Antimilitarismo na Galiza, foi insubmiso ao servizo militar obrigatorio, feito polo que chegou a estar en prisión; e Lucía López é a actual Responsábel de Organización do BNG e concelleira en Arzúa. Entre ambos desenvolverán a posición antimilitarista mantida polo nacionalismo galego desde os seus comezos ata hoxe, analizando tamén a situación actual a nivel global e cales son as alternativas que o BNG formula ao respecto.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Desde a organización nacionalista convidan a toda a veciñanza a asistir “para termos maior información de cal é a situación actual que podemos facer ao respecto”, apunta Iria Carreira, responsábel comarcal da organización. “Non podemos permanecer impasíbeis mentres se utiliza o diñeiro de todas as galegas e galegos para financiar guerras que asasinan milleiros de persoas” e salienta a irresponsabilidade dos gobernos galego e estatal “máis preocupados por seguir as directrices do imperialismo ianqui que por garantir a paz e os dereitos de todas as persoas”.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Nesta liña, anima a participar da manifestación nacional convocada pola plataforma Galiza pola Paz que discorrerá en Vigo este sábado 30 ás 12 horas en contra do desfile militar previsto na cidade. "Non podemos tolerar que se disfrace de normalidade a ocupación do espazo público para a exhibición militarista e belicista", conclúe.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page