O BNG levará ao pleno municipal que Agolada segue sen decreto das parcelarias
- ecosdacomarca

- 23 ene
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Agolada
O Bloque Nacionalista Galego de Agolada lembra á Xunta de Galicia que as concentracións parcelarias foron anunciadas pola conselleira de Medio Rural como inminentes no magosto celebrado polo Partido Popular en Agolada, pero que dende entón "pasou o Nadal, estamos xa na época dos cocidos e ás portas do Entroido, e o decreto segue sen publicarse no DOG.

“Non imos repetir valoracións nin debates xa feitos. O que constatamos é un feito obxectivo: o tempo pasa e o compromiso anunciado non se materializa”, sinala a
portavoz municipal do BNG en Agolada, Susana Tato Pampín.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Ante esta situación, o BNG rexistrou unha moción para o seu debate no vindeiro pleno municipal, co obxectivo de que a corporación de Agolada se posicione formalmente e inste á Xunta de Galicia a cumprir dunha vez co anunciado.
Publicidade
Recalca que as parcelarias de Agolada acumulan máis de 20 anos de espera, con investimentos públicos xa realizados e procesos paralizados durante anos, polo que a veciñanza precisa claridade, prazos e feitos contrastables, acordes coa importancia dun proceso que afecta a milleiros de parcelas e ao futuro do rural do concello.
Publicidade
"Do magosto ao cocido pasaron os meses, pero o decreto segue sen aparecer", subliña. Por iso, o BNG considera que "xa vai sendo hora de pasar dos anuncios aos feitos" e esixe que a Xunta publique o decreto e dea explicacións claras, unha demanda que agora se leva tamén ao pleno municipal para que quede constancia institucional.








Comentarios