top of page

O BNG leva ao Parlamento Galego as deficiencias do CEIP de Agolada

Ecos da Comarca/Agolada

O BNG leva ao Parlamento Galego as deficiencias do CEIP de Agolada. Presentou unha proposición non de lei na que pide que Educación se reuna de inmediato c@s representantes da ANPA e co equipo directivo do CEIP, para analizar a situación do centro,realizar unha avaliación de todas as deficiencias detectadas, e establecer unha planificación para darlle solución ás mesmas, cun cronograma e compromiso orzamentario. Ademais, dunha batería de preguntas interesándose polos motivos que levaron a non contestar ás reiteradas solicitudes da ANPA da CEIP e da dirección do mesmo.

"O curso escolar comezou en Agolada coas deficiencias detectadas hai anos e comunicadas ás autoridades educativas dende 2020, tendo en conta que as melloras que demandan son necesarias para o benestar da comunidade educativa. Ante a falta de resposta, por parte das autoridadedes educativas, a escritos presentados pola dirección do CEIP nos que se daba unha relación de obras necesarias e imprescindibles para o pasado curso (2021-2022) e tamén a ausencia de resposta ás demandas da ANPA nas que pedía unha visita ao centro ou unha reunión para tratar sobre as citadas deficiencias, O BNG, rexistrou onte iniciativas parlamentarias que buscan solucionar este problema e que o alumnado de Agolada poida asistir as clases nas mellores condicións posibles".

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

As melloras que se demandan son: no ximnasio (vestiarios, chan, carpinteria metálica, tanto porta de acceso como as ventás, illamento e calefacción), xa que consideran que as instalacións no reúnen os requisitos técnicos necesarios para o seu uso polo alumnado, nin coa suficiente garantía. Outra demanda é que se substitúan as ventás interiores do edificio principal do centro escolar, xa que estás abren cara o interior a unha altura que sopoñen un risco permanente para os nenos e nenas e tamén o profesorado. Ao mesmo tempo solicitan que se arranxe a sala na que se atopa a caldeira, xa que cedeu o terreo e afecta a estrutura e ás columnas con fendas importantes.

Así mesmo, o BNG reunirase c@s representantese da ANPA, proximamente.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page