top of page

O BNG lamenta que quedase novamente deserta a praza de pediatría no (CIS) de Lalín polas tardes

Esixe, entre outras medidas, garantir a cobertura das 3 prazas de pediatría da mañá, para que as crianzas de Lalín e dos concellos limítrofes teñan atención pediátrica de calidade


Ecos da Comarca/Deza

A deputada nacionalista Ariadna Fernández lamenta que quedase novamente deserta a praza de pediatría no Centro Integral de Saúde (CIS) de Lalín en horario de tarde. E rexistraron unha iniciativa parlamentar ao respecto dende o BNG.


"A situación da atención sanitaria lalinense está pasando por unha situación crítica na actualidade, en especial en áreas coma as de saúde mental ou pediatría. Esta última está a ser das que máis complicacións causa aos seus usuarios/as, que sofren as consecuencias dunha atención pediátrica no CIS de Lalín moi deficiente en canto ao

número de profesionais cos que se conta nese centro integral".

ree

Este pasado luns, lembra o Bloque, ven de facerse pública no DOG a resolución do concurso de pediatría sen que a praza de Lalín fose cuberta en horario de tarde, "deixando novamente a moitas crianzas, non só desta localidade, se non tamén de concellos limítrofes, sen atención pediátrica nesta franxa horaria. A cantidade de nenos, nenas e adolescentes que se verán obrigados a acudir coas súas familias ao Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela para ser atendidos por un especialista ascende a 2.200 aproximadamente, contando non só os de Lalín se non tamén os de Dozón, Agolada ou Rodeiro, nalgúns dos casos tendo que percorrer máis de 70 quilómetros para tal fin".


Con esta resolución volve estar comprometida, polo tanto, e tal e como sinala o BNG, "a atención de moitos nenos e nenas da comarca do Deza en horario de tarde, cunha praza que non se cobre sorprendentemente nunha vila de máis de 20.000 habitantes situada no centro do país, sen se tratar coma insiste o goberno galego usándoo como escusa, de prazas illadas neste caso. É deste xeito como a veciñanza que reside neste territorio terá que percorrer longas distancias ou acudir á sanidade privada sen ten capacidade económica para que os seus fillos e fillas sexan atendidos por un pediatra, cunha evidente incapacidade da Xunta de Galiza de garantir unha atención sanitaria de calidade na comarca do Deza e en Lalín".


Co acordo unánime do pleno do concello de Lalín recentemente, todos os integrantes do goberno e da oposición concordaban na necesidade de reforzar algunhas especialidades no CIS, entre as que se incluía a de pediatría, recoñecendo a necesidade de dotar ao centro de saúde de máis profesionais para que a asistencia se vexa garantida, "feito que tras a recente resolución queda truncado novamente, en detrimento da saúde das crianzas do Deza".


Por todo o exposto anteriormente:


POP:

"Continúa o goberno galego a considerar, tras a resolución da convocatoria de prazas, que a atención do servizo de pediatría de Lalín está controlada, organizada e ben dimensionada segundo as necesidades coma a portavoz do PP declarou en xuño, sabendo que máis de 2.000 crianzas ficarán novamente sen pediatra en horario de tarde

en concellos coma Lalín, Agolada, Rodeiro ou Dozón?".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

POC/PRE:

"1. Considera a Xunta de Galiza que as nenas, nenos e adolescentes de Lalín, Rodeiro, Agolada e Dozón teñen garantida a atención pediátrica en horario de tarde?

2. Analizou a Xunta de Galiza os motivos que subxacen tras a falla de interese dos profesionais de pediatría pola praza lalinense ao tratarse dunha vila de tamaño medio no

centro de Galiza? Que tipo de medidas excepcionais está a aplicar a Consellería de

Sanidade para que se cubran estas prazas?

3. Continúa o goberno galego a considerar que a situación de precariedade na atención

pediátrica de Lalín é obxecto dun falso alarmismo e demagoxia coma a súa portavoz en

materia de sanidade manifestou no mes de xuño de 2025?

4. Continúa o goberno galego a considerar que a atención do servizo de pediatría de Lalín

está controlada, organizada e ben dimensionada segundo as necesidades, sabendo que

máis de 2000 crianzas ficarán novamente sen pediatra en horario de tarde?"


PNL:

Polo tanto, o BNG demanda:

1. Convocar novamente un proceso de selección de prazas de difícil cobertura, garantindo a atención pediátrica en horario de tarde no CIS de Lalín.

2. Garantir a cobertura das 3 prazas de pediatría en horario de mañá, de xeito que tanto as crianzas de Lalín coma as dos concellos limítrofes teñan atención pediátrica de calidade.

3. Cumprir coa solicitude do Concello de Lalín ao respecto da atención sanitaria no CIS,

aumentando a dotación de persoal en canto a especialidade de pediatría, psiquiatría e

psicoloxía, en grave estado de precariedade".



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page