top of page

O BNG insta á Xunta a investigar para determinar a propiedade da Tulla de Fafián, en Rodeiro

Sinala que o obxectivo é adquirila por parte da Xunta de Galiza, coa posterior cesión ao Concello, e poder deter o seu estado de deterioro por parte da Consellería competente


Ecos da Comarca/Rodeiro

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa das deputadas Ariadna Fernández González e Mercedes Queixas Zas, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta unha Proposición non de lei para debate na Comisión 4ª, sobre as Tulla de Fafián de Rodeiro.

"A riqueza patrimonial da comarca do Deza- Tabeirós e Terra de Montes está conformada por diferentes piares, todos eles de enorme valor e entre os que atopamos pazos, mosteiros, pontes, mámoas e castros, igrexas e capelas, e un innumerable abano de

monumentos que, dende outros tempos nos veñen a lembrar a nosa importancia como país no noso conxunto e como comarca dentro deste. Un deses valores patrimoniais, a Tulla de Fafián, está situado no concello de Rodeiro, incluído no ano 1992 pola dirección xeral de Patrimonio, canda a Ponte de Pedroso, ou os Pazos de Trasulfe e Camba entre os bens do legado patrimonial do municipio, feito que non evitou a súa degradación ate o presente por falla investimentos na súa mellora. Este estado de abandono dou pé a que no ano 2000 varios historiadores fixesen incluso denuncias ao seu carón, sen que iso fose incentivo para a súa recuperación e sen que o seu desleixo variase dende aquela co paso de 25 anos por enriba da Tulla, situada a carón do Camiño do Inverno e que suporía un grande atractivo turístico. As tentativas de cambiar o futuro deste ben patrimonial por parte dos diferentes gobernos do concello de Rodeiro non deron froitos, de maneira que se continúa o menoscabo, xa presente en todas as partes do monumento e que non parece ter fin despois de máis de dúas décadas", sinala o BNG.


E lembra que o pasado 19 de maio deste presente ano a Tulla de Fafián foi declarada como BIC, despois da resolución do día 7 anterior a data citada. A xestión dos Bens de Interese Cultural correspóndelle á Consellería de Cultura, que é a competente nesta materia, polo cal é o goberno da Xunta de Galiza quen ten que levar a cabo as actuacións pertinentes encamiñadas a frear e reverter, de ser posible dado o lamentable estado actual e o seu avanzado deterioro. "A problemática reside en que este monumento, de interese arquitectónico, arqueolóxico, científico e histórico cuxo nivel de protección é integral, conta cun propietario en investigación dende 2001, cuxo domicilio se localizaba en Valladolid, e no que non reciben as notificacións, polo que manter comunicación con eles está a ser imposible", resalta o Bloque.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ante iso, consisdera que é preciso tomar medidas ao respecto "se pretendemos conservar este novo BIC, ou o que queda del, para que non ocorra coma con outros que teñen esa categoría na comarca do Deza-Tabeirós e Terra de Montes e que non impediu que o desleixo e o deterioro se fixese dono deles ao ter un propietario privado coma pode ser, por exemplo, a Torre de Guimarei".


Polo anteriormente exposto, o Grupo Parlamentar do BNG presenta a seguinte proposición non de lei para o debate na Comisión 4ª:

“O Parlamento galego insta a Xunta de Galiza a levar a cabo as investigacións necesarias para determinar a propiedade da Tulla de Fafián para logo adquirila por parte da Xunta de Galiza, coa posterior cesión ao Concello e poder deter o seu estado de deterioro por parte da Consellería competente na materia a través de actuacións encamiñadas á súa conservación.”






Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page