A 1ª Ruta Cabalar de Agolada será o 23 de maio
- ecosdacomarca

- hace 2 horas
- 1 Min. de lectura
Está aberto o prazo de inscrición ata o 19 deste mes
Ecos da Comarca/Agolada
Este venres tivo lugar no Consistorio de Agolada a presentación da 1ª Ruta Cabalar de Agolada que se celebrará o 23 de maio, unha cita pensada para os amantes do mundo ecuestre e da convivencia arredor dos cabalos.

A saída está prevista para as 15.30 horas desde o campo da festa de Agolada. Durante o percorrido realizarase unha parada para repoñer forzas e gozar duns pinchos.
PUBLICIDADE
A organización anunciou tamén unha cea ás 22:00 horas cun menú composto por entremeses, empanada, churrasco mixto con patacas, sobremesa, café e bebida. O prezo da ruta máis cea será de 30 euros, mentres que a ruta soa terá un custo de 10 euros.
A xornada contará ademais con música a cargo de DJ Casanova e haberá sorteos para os asistentes. A actividade está aberta tamén a carros.
PUBLICIDADE
As persoas interesadas poden reservar praza contactando cos teléfonos facilitados pola organización e que poden lerse no cartel. A data límite para anotarse será o 19 de maio de 2026.









Comentarios