top of page

A Xunta destinará 3,6 millóns de euros na mellora da PO 533 ao seu paso por Lalín, Rodeiro e Dozón

Os traballos inclúen a mellora do firme, das áreas de servizo e da sinalización vertical


Laura Moure/Deza

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, informou este venres sobre a licitación das obras de reforzo de firme e acondicionamento das vías de servizo na estrada PO-533, ao seu paso polos concellos de Lalín, Dozón e Rodeiro, unha actuac

ión estratéxica para mellorar a seguridade viaria e as condicións de circulación nesta vía.

A intervención abrangue dous treitos da PO-533, concretamente entre os puntos quilométricos 1+300 e 14+820, e do 15+940 ao 21+430, e ten como principal obxectivo

optimizar as características do firme e incrementar a seguridade dos usuarios.


Durante a visita, o delegado territorial destacou que estas obras supoñen “unha aposta decidida da Xunta pola conservación e mellora da rede viaria autonómica, especialmente

en zonas de alta utilización, contribuíndo a unha mobilidade máis segura e eficiente”. Os

traballos inclúen actuacións de reforzo do firme mediante fresado do carril, cun espesor de

5 ou 12 centímetros segundo o grao de deterioro, e a súa posterior reposición con

mesturas bituminosas en quente. Nos treitos máis danados, estanse a aplicar solucións

máis profundas, combinando diferentes capas para garantir unha maior durabilidade da

infraestrutura.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

No caso das vías de servizo, as actuacións contemplan a escavación de ata 30 centímetros para o saneamento das zonas afectadas, así como a reposición do firme

mediante a aplicación de capas de saburra artificial, macadam e unha capa final de

rodadura adaptada ás necesidades da vía.


Ademais, o proxecto inclúe melloras en materia de sinalización horizontal, coa

incorporación de marcas viarias con resaltes nos bordos da calzada, que permiten

aumentar a visibilidade en condicións meteorolóxicas adversas e reducir o risco de saídas

de vía.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

No ámbito da drenaxe, realizaranse labores de conservación e limpeza dos sistemas

existentes, garantindo o correcto funcionamento da evacuación de augas.


A licitación contempla un investimento superior aos 3,6 millóns de euros e enmárcase no compromiso da Xunta de Galicia coa modernización e mantemento da súa rede de estradas, co fin de reforzar a seguridade viaria e mellorar a calidade de vida da cidadanía.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page