O BNG insta á modificación do PXOM para solucionar os erros na parcela do actual albergue da Bandeira
- ecosdacomarca
- 18 abr
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
O Bloque Nacionalista Galego de Silleda esixe ao goberno local que poña fin "á súa estratexia de marear a perdiz" e proceda de inmediato a devolver o terreo do albergue de A Bandeira nas condicións nas que foi cedido, respectando a súa titularidade privada e a súa cualificación urbanística orixinal.

“É inadmisible que, logo de ceder de boa fe e gratuitamente un terreo para un uso público,
unha veciña de Silleda se vexa obrigada a iniciar un procedemento xudicial para recuperar o que é seu” recalca a voceira, Erea Rey, que engade que “a alcaldesa debería sentir vergoña política e por permitir que esta situación chegase ata este punto, obrigando a unha cidadá a gastar tempo e cartos en defender un dereito tan básico como é a súa propia propiedade”.
Publicidade
Neste sentido, "desde o BNG queremos recordar que a problemática entorno ao albergue non xorde pola petición da lexítima propietaria, senón pola mala acción da alcaldesa, que asinou un convenio sen garantías e porque permitiu que se alterase a cualificación urbanística do terreo, o que motivou que a propietaria tivera que tomar accións xudiciais para defender o seu interese". Este caso, sinala, "pon en evidencia unha falla grave na xestión municipal, que vai máis alá dun conflito puntual". Por iso, desde o BNG instan ao Concello de Silleda a revisar de inmediato todos os convenios de cesión de terreos actualmente vixentes, asegurando que quede expresamente estipulado:
Que non se poderá modificar a cualificación urbanística das parcelas cedidas sen o consentimento expreso dos propietarios.
Que en ningún caso se alterará a titularidade privada dos terreos, que deberán seguir
figurando como tales no planeamento urbanístico.
Publicidade
"Non se pode permitir que quen colabora co interese xeral, ceda un terreo gratuitamente e sen ánimo de lucro, acabe sufrindo prexuízos legais, administrativos e económicos por culpa da desidia ou da manipulación institucional. Desde o BNG reclamamos unha solución inmediata para o caso do albergue de A Bandeira e unha política clara de respecto e garantía da propiedade privada nos convenios de cesión existentes e futuros".
Comments