top of page

O BNG garante a continuidade das paradas de autobús en Arzúa e Melide

Ecos da Comarca/Arzúa/Melide

O Bloque Nacionalista Galego vén de conseguir un importante avance na nova Lei de Mobilidade Sustentábel, ao lograr que se manteñan as paradas de autobús que o Goberno do Estado pretendía eliminar no novo mapa concesional. A responsábel comarcal da organización, Iria Carreira, puxo en valor o traballo feito polo BNG nas Cortes do Estado para conseguir que Arzúa e Melide manteñan as paradas de autobús.


Grazas á negociación do BNG no Congreso, garantirase que as paradas sigan operativas en todo o país, especialmente nas zonas rurais e localidades sen alternativas de transporte público, como é o caso desta comarca.

ree

Deste modo, segundo explica Carreira, haberá dúas opcións que aseguran o servizo: ou ben, a Xunta de Galiza asume as paradas a custo cero, xa que o Estado compensará os custos adicionais; ou ben, se a Xunta non quixer facelo, o servizo seguirá sendo prestado polo Estado, que manterá esa conexión directamente.


“O BNG resolve un problema que estaba suscitado. Un problema importante para a mobilidade e o transporte público na Galiza” subliña Iria Carreira. “Conseguimos garantir que a veciñanza de Arzúa e de Melide non perda un servizo básico que moitas veces é a única forma de desprazamento para persoas maiores ou estudantes” reivindica.


O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, salientou tamén que esta modificación é “unha conquista que evita que zonas enteiras da Galiza queden incomunicadas”. “Evítase que zonas enteiras da Galiza queden incomunicadas. Conseguimos que se manteñan as 22 paradas nos concellos galegos e que, se a Xunta as asume, non lle supoña gasto ningún. Mesmo lle facilitamos o traballo ao PP no Goberno galego”, engade o deputado nacionalista, quen destaca que máis de 130.000 galegos e galegas poderán seguir empregando este transporte grazas ao BNG.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Desde o BNG da comarca da Montaña valoran positivamente este resultado como unha “mostra do compromiso do Bloque coa defensa do servizo público e co equilibrio territorial da Galiza” alí onde ten representación.


“Cada parada que se mantén é unha garantía de igualdade de dereitos e oportunidades para quen vive no rural. O BNG demostra máis unha vez que é útil para os galegos e as galegas e que defende os intereses da Galiza alí onde se decide” conclúe Iria Carreira. 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page