top of page

O BNG fai balance do traballo e os deberes feitos a prol de Lalín nas Cortes do Estado

Néstor Rego, Mari Fernández e Manuel Carbón intervirán no acto “Co BNG Galiza gaña!” o venres no Museo Ramón María Aller


Ecos da Comarca/Lalín

O BNG celebra este venres 24 de abril ás 20:30 horas no Museo Municipal Ramón María Aller o acto “Co BNG Galiza gaña!” coa presenza do deputado nacionalista nas Cortes do Estado español, Néstor Rego, que estará acompañado pola responsable local do BNG de Lalín, Mari Fernández Sanmartín e o responsable de organización, Manuel Carbón. No acto, repasarán o traballo levado a cabo polo BNG en Madrid e os beneficios para Lalín e para Galiza da representación institucional do BNG nas Cortes do Estado español.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

As bonificacións das peaxes na AP53, que veñen de cumprir un ano en vigor, cun aforro

de case 4.000 euros para os petos das veciñas e veciños de Lalín; a defensa de

iniciativas en materia de vivenda para o noso concello, de infraestruturas que melloren a

calidade de vida das veciñas e veciños de Lalín ou o rexeitamento do prexudicial acordo

de libre comercio entre a Unión Europea e o Mercosur para o noso sector agrogandeiro

serán algúns dos temas que Néstor Rego, Mari Fernández e Manuel Carbón analizarán

neste acto.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O BNG da conta no territorio dos “deberes feitos” en Madrid "para colocar a Lalín e a

Galiza na axenda política no Estado español, dando a batalla e levando ás Cortes os

temas, necesidades e demandas das galegas e dos galegos, e acadando acordos e apoio a iniciativas que benefician a Galiza en distintos eidos".



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page