top of page

O BNG fai balance do ano 2025: “Menos benestar e máis endebedamento para a veciñanza de Lalín”

Mari Fernández advirte ao PP: “No 2026 seguiremos defendendo ás veciñas e veciños contra os seus enganos e incompetencia”


Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín quere aproveitar os últimos momentos do ano 2025 para facer balance do que foi un ano marcado de goberno do PP en Lalín que deixa ás veciñas e veciños “menos benestar e máis endebedamento”. A responsable local, Mari Fernández Sanmartín, asegura que botando a vista atrás a este novo ano de goberno de Crespo en Lalín “o resultado é máis do mesmo, empeoramento dos servizos sociais, aumento da inseguridade cidadá, aumento de impostos e taxas municipais, un goberno desaparecido en problemas fundamentais como a vivenda”.


Diante desta “incompetencia” do goberno municipal do PP, o BNG lalinense destaca que “para o que si son competentes é para endebedar á veciñanza”, cun novo crédito de 4,2 millóns de euros que eleva a “débeda récord” de 11.900.000 euros, “a maior da nosa historia”.

O balance do BNG deste 2025 até as últimas decisións adoptadas este mesmo mes de decembro polo PP no Concello é o dunha xestión “irresponsable e desastrosa que nos vai a levar a bater un novo récord en amortización de capital e intereses da débeda”. Grazas á xestión do PP no Concello de Lalín, destacou Mari Fernández Sanmartín, o concello vai a pasar a pagar 500.000 euros anuais en intereses pola débeda, o “agasallo de Nadal” de Crespo á veciñanza, xa que cada veciña de Lalín “debe xa 586 euros pola nefasta xestión do goberno do PP”.


Para o BNG de Lalín “é moi duro neste contexto do goberno local de dispendios e triunfalismos” ter que escoitar na rúa á veciñanza “queixándose polas deficiencias da sanidade pública, dos servizos sociais básicos, as preocupacións pola vivenda, os

terribles problemas de inseguridade que vivimos este ano, un rural abandonado...”. E diante diso critica a responsable local do BNG “temos un goberno insensible coas necesidades das lalinenses e os lalinenses que non fai máis que darlle as costas ou

poñerse de perfil diante das demandas da veciñanza”.


Deterioro dos servizos básicos

Van alá un ano e dous meses da inauguración do CIS de Lalín, un centro sanitario comarcal demandado que chegou xa con moitos anos de retraso e, como o BNG advertiu en numerosas ocasións “sen recursos axeitados para garantir unha sanidade pública de calidade ás veciñas e veciños de Lalín”. Neste 2025, destaca Fernández Sanmartín que “a sanidade pública en Lalín foi a peor”, critica o BNG local listas de agarda para unha cita en atención primaria que este mes de decembro chegan aos 17 días, eivas en servizos como pediatría e saúde mental ou o feito de que “anos de demanda non serviron para que Lalín teña ambulancia medicalizada”. Para o BNG de Lalín “os recortes do PP na Xunta e a complicidade do PP de Lalín, puxo en risco neste 2025 a saúde e a vida da veciñanza de Lalín e seguirá a facelo no 2026”.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Desde o BNG de Lalín advirten xa ao PP que “imos seguir facendo propostas e demandando o que nos piden as veciñas e veciños” tamén neste 2026. Destaca Mari Fernández que o BNG xa o fixo cos orzamentos da Xunta da Galiza “que abandonan ao

noso concello, e fixémolo diante do silencio cómplice de Crespo e o PP”. O BNG emendou os orzamentos da Xunta demandando 6 millóns de euros en investimentos “vitais” para o futuro do concello como unha residencia de maiores ou un centro de día, mentres o PP de Lalín “calou e dixo amén” diante do “desprezo” da Xunta polo noso concello.


Suben os impostos e baixan os servizos

No balanzo dun novo ano do goberno do PP en Lalín o BNG destaca a “incongruencia e cara dura” do goberno do PP cando ten aumentado de xeito “escandaloso” a recadación das taxas e impostos municipais mentres “recorta ou deixa sen servizos básicos como a

seguridade” á veciñanza. Critica Mari Fernández Sanmartín que “ningún veciño entende

que pagando máis impostos teña menos servizos”.


“O mesmo goberno que perpetra un atraco á veciñanza co IBI, o ICIO, as Plusvalías, etc é o mesmo goberno máis caro da historia do Concello de Lalín critica a responsable local, que define como “insensible e irresponsable” a actuación do PP no Concello de Lalín tamén en materias como a vivenda, unha das principais preocupacións actuais da cidadanía en todo o país, tamén en Lalín, fronte á que “a única resposta do alcalde e seu

equipo de goberno foi a improvisación e os parches pagados por outros”.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Denuncia o BNG lalinense que este gran problema -o da vivenda- tamén é froito dun PP de Lalín “sen proxecto nin modelo urbanístico, cunha política baseada no negocio dos

amigos, as inversións en obras faraónicas e facer oídos xordos á xente”. Rematamos 2025 “sen saber cal é o modelo de vila que defende o goberno do PP”. Critica Fernández Sanmartín que “logo de mil anuncios en titulares e millóns de euros investidos non sabemos en que, o goberno de Crespo segue obviando o básico en democracia, escoitar á cidadanía”. O BNG de Lalín advirte que o “urbanismo salvaxe” que practica o PP no concello seguirá “pasando factura” no benestar da veciñanza tamén no 2026.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page