top of page

O BNG exixe nunha visita a Deza medidas urxentes para frear a baixada do prezo do leite

Ana Pontón advirte de que as empresas leiteiras anuncian recortes de seis céntimos por litro na renovación dos contratos


Ecos da Comarca/Rodeiro

A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, acompañada pola eurodeputada Ana Miranda, participou este sábado na charla informativa na comarca de Deza para explicar ás e aos gandeiros como afectará o tratado de Mercosur á súa actividade e cal é o posicionamento que mantivo o Bloque na defensa do sector. Tamén estivo acompañada da deputada pola comarca Ariadna Fernández e responsables da organización no Deza. Realizaron unha visita á comarca para coñecer de primeira man a situación do sector lácteo. 

A eurodeputada Ana Miranda asegurou que “seguiremos defendendo o noso sector agrograndeiro fronte ao Acordo UE-Mercosur, tan lesivo para o sector cárnico”, e subliñou que, por ese motivo, “nas xornadas que hoxe estamos facendo en Rodeiro e que levaremos por todo o país, estamos explicando verdadeiramente quen é quen e como votaron o PP e o PSOE”, aos que acusou de “estar vendendo o sector”.

 

A primeira hora da mañá, a comitiva nacionalista estivo na Cooperativa Agraria "O Rodo" e en Gandería Pereirón, onde Pontón agradeceu a Héctor a súa acollida destacando esta explotación como "un exemplo de calidade e bo facer do noso sector, unha das moitas que fan que Galiza produza o 42% do leite fresco de todo o Estado".

  Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Con todo, a líder nacionalista alertou da "inxustiza inaceptable" que sofren as produtoras e produtores galegos. "A pesar desa calidade excepcional, o prezo do leite en Galiza volve estar por debaixo da media. De feito, en 2025 fomos a comunidade co prezo máis baixo de todo o Estado", denunciou. Pontón preguntouse retoricamente por que ocorre isto cando ademais o Estado español consume máis leite do que produce, polo que "non hai saturación do mercado", e criticou duramente a pasividade do goberno de Rueda: "Mentres os gandeiros reciben o peor prezo, a Xunta desenténdese e mira cara outro lado".

 

A situación pode agravarse nas vindeiras semanas. "A información que nos traslada o sector é que as empresas leiteiras están a comunicar aos gandeiros que a renovación dos contratos a partir de marzo se vai facer á baixa, cun recorte de seis céntimos ou máis por litro. Isto afondaría no prexuízo que soportan as nosas explotacións", alertou Pontón.

  Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Ante esta "emerxencia", o BNG pon sobre a mesa medidas concretas. A primeira é convocar de inmediato á industria e aos produtores nunha mesa para poñer fin a uns prezos que ano tras ano sitúan o leite galego á cola do Estado. A segunda pasa por propoñer unha distribución das axudas que protexa ás pequenas e medianas explotacións, "que son a inmensa maioría e as que fan posible un rural vivo". E a terceira medida é poñer en marcha un plan para mobilizar 100.000 hectáreas de aquí a 2030, co obxectivo de ampliar a superficie das explotacións, aumentar a produción de pastos e forraxes e mellorar as axudas da PAC que reciben.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

 "Coidar e apoiar ao noso sector leiteiro é fundamental desde todos os puntos de vista: económico, social e ambiental. É unha peza esencial para manter un rural vivo, coidado e con futuro. Non podemos esquecer que o 90% do territorio é rural e acolle ao 40% da poboación. Polo tanto, Galiza non se pode entender sen o rural", concluíu Pontón.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page