top of page

O BNG esixirá no Parlamento Galego solucións urxentes no centro de saúde de Silleda

Ecos da Comarca/Silleda

O Bloque Nacionalista Galego vén de rexistrar no Parlamento galego catro iniciativas parlamentarias —dúas preguntas orais (en Pleno e Comisión), unha pregunta escrita e unha proposición non de lei— para reclamar solucións inmediatas ao grave estado de deterioro do centro de saúde de Silleda. As iniciativas foron presentadas por Ariadna Fernández, veciña de Lalín e deputada do BNG, quen leva meses facendo seguimento da situación xunto co BNG de Silleda.

A documentación rexistrada detalla que, tras a reunión mantida en outubro de 2024 entre a Xunta e o Concello para abordar as deficiencias, e malia o compromiso do Conselleiro de Sanidade de elaborar un informe e impulsar actuacións, non se realizou ningunha mellora en máis de dous anos. "As consecuencias repítense cada inverno: filtracións de auga, humidades e presenza de mofo, temperaturas inadecuadas por fallos de selado e unha rampla de saída perigosa, que xa provocou esvaróns e mesmo unha fractura".

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

A deputada nacionalista, Ariadna Fernández, subliña que a situación actual é impropia

dun servizo público esencial e dun trato digno ás persoas usuarias e ao persoal

sanitario: “Non é aceptable manter un centro de saúde con filtracións, mofo e unha rampla

perigosa. A Xunta leva dous anos comprometéndose a actuar e dous anos sen mover ficha. A veciñanza de Silleda merece ser tratada con respecto e con seriedade.”

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A portavoz municipal do BNG, Erea Rey, acompañou politicamente a iniciativa e insiste

en que a situación xa é insostible: “Imos seguir defendendo un centro de saúde digno, seguro e acorde co que merece Silleda. Non imos permitir que a Xunta ignore máis tempo esta situación. Silleda non pode seguir esperando. Estamos a falar de saúde pública e das condicións nas que o persoal e a veciñanza teñen que entrar cada día nun edificio deteriorado e inseguro. É hora de pasar das palabras aos feitos.”

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O BNG esixe actuacións antes de que remate o primeiro trimestre de 2026 Unha das iniciativas rexistradas é unha Proposición non de lei na que se insta á Xunta a executar de forma inmediata as obras necesarias, establecendo como límite o primeiro trimestre de 2026. Para o BNG de Silleda, este paso é un novo impulso nunha reivindicación que veciñanza e profesionais levan anos reclamando.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page