top of page

O BNG esixe á Xunta a actuación urxente tras a DIA desfavorable do vertedoiro de Campomarzo

Reclama que actúe con responsabilidade e de maneira inmediata para rematar dunha vez coa problemática e o risco contaminante que se ven sufrindo durante anos na zona


Ecos da Comarca/Silleda

O Bloque Nacionalista Galego vén de reclamar á Xunta de Galicia que actúe con responsabilidade e de maneira inmediata para rematar dunha vez coa problemática

e o risco contaminante que se ven sufrindo durante anos na zona afectada polo vertedoiro. A formación nacionalista considera que este informe negativo é o primeiro paso, mais “precísase garantir a restauración ambiental da zona, coa eliminación previa dos

residuos impropios acumulados no vertedoiro dende a súa posta en funcionamento no

2002” declara Erea Rey tras a visita á zona co deputado da área de Medio Ambiente do

BNG, Luis Bará, e outros compañeiros/as da comarca.

Este inicio da actividade, ao abeiro dunha DIA que establecía condicións estritas para minimizar os impactos ambientais, non evitou que se produciran reiterados incumprimentos da normativa, coa admisión de residuos impropios como madeiras, plásticos ou materiais combustibles, a pesar de estar autorizado unicamente para residuos inertes.


Estas irregularidades foron denunciadas en múltiples ocasións por colectivos veciñais, asociacións ambientais e entidades do sector, coa inacción da administración autonómica como resposta ao longo destes anos, permitindo a continuidade dunha actividade que vulneraba a normativa ambiental sen adoptar medidas efectivas que resolvesen o problema. "A evidencia era tal que se chegaron mesmo a producir incendios nas instalacións que evidenciaron a presenza de materiais non permitidos, feito que era sobradamente coñecido. Xa no ano 2016 a propia Asociación de Recicladores de Construción e Demolición advertiu da existencia dun vertedoiro indiscriminado de

residuos, sen que se tomasen medidas para resolver a vulneración da normativa. Neste

sentido, critican a devolución da fianza da antiga concesionaria sen que se executasen as

obrigas de restauración, así como a falta de control sobre os episodios de vertidos e

desbordamentos da balsa de lixiviados", apunta o Bloque.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

“A situación agrávase pola afección que supón ás concas fluviais do Toxa e do Deza, así como á contorna da Rede Natura 2000 e á captación de auga para abastecemento humano en Merza” engade o portavoz de Vila de Cruces Álex Fiúza, tamén presente na

visita. Informes de Augas de Galicia, nos que se apoia a Consellería de Medio Ambiente

para a negativa á reapertura, alertan do risco de filtracións e lixiviados procedentes dos residuos depositados, o que supón unha ameaza directa para o medio ambiente e a

saúde pública.


Ante esta situación, o BNG a través de iniciativas parlamentares presentadas pola deputada Ariadna Fernández continuando un traballo previo en anteriores lexislaturas,

esixe á Xunta de Galicia que “actúe de inmediato para obrigar á empresa propietaria a proceder á retirada dos residuos impropios e á restauración ambiental do espazo, así como a implementar medidas que eviten filtracións contaminantes ás concas próximas”

declara Fernández tras visitar a zona cos demais membros do BNG na pasada tarde. A

formación tamén reclama a realización dunha avaliación ambiental completa dos terreos

afectados e da súa contorna, co fin de determinar o alcance da posible contaminación

acumulada tras anos de actividade irregular.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

“É preciso esclarecer responsabilidades, coñecer o número de denuncias rexistradas a carón da actividade do vertedoiro e determinar, por que non se garantiu o cumprimento das condicións ambientais establecidas desde o inicio sen que a actividade se vise interrompida por eses motivos” por respecto a todos os que sufriron e sobren as consecuencias da inacción inxustificada da Xunta de Galicia, remata a deputada.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page