top of page

O BNG esixe “ medidas de seguridade” no Lalín Arena

Mari Fernández desvela que o Concello de Lalín vén de ser condenado por un accidente dunha usuaria da piscina destas instalacións públicas


Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín vén de recoller as queixas continuadas dos usuarios das piscinas e o SPA do Lalín Arena pola falta de medidas axeitadas de seguridade. "Foron máis dun cento os usuarios e usuarias destas instalacións que reclamaron por escrito durante máis dun ano ao Concello medidas antiesvaradías na zona de paso entre a piscina e o SPA. Lonxe de escoitar á veciñanza, o Concello de Lalín mesmo desestimou a reclamación de responsabilidade e adopción de medidas que demandou unha usuaria logo de caer nesta zona e sufrir importantes lesións de nocello e xeonllo", recalca o Bloque.

O BNG de Lalín vén de coñecer unha sentencia condenatoria ao Concello e a “anulación” por vía xudicial da decisión do goberno local de desestimar as reclamacións desta veciña.

Desde o BNG local consideran “irresponsable e temeraria” a actitude dun goberno do PP que “diante dos feitos e de escritos de queixas asinados por máis dun cento de usuarios e usuarias desatende e rexeita as demandas da veciñanza”. A responsable local do BNG, Mari Fernández Sanmartín recrimina ao goberno do PP “a súa desidia” diante das queixas da veciñanza que “quere usar as instalacións municipais pero se sinte insegura e atopa sempre o non por resposta do Concello”.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Para o BNG non é de recibo que a solución adoptada por parte do goberno, diante destas

queixas e condena xudicial, sexa un mero parche que consiste na colocación dunhas bandas antiesvaradías. A nacionalista, Mari Fernández, denuncian que “no canto de escoitar á cidadanía para mellorar os servizos municipais”, o que está a facer sistematicamente o goberno do PP é “mirar cara outro lado, negarse a asumir as súas responsabilidades e manter situacións de perigo en instalacións que deberían ser espazos de ocio seguros e fiables para os usuarios e usuarias”.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Logo da sentencia xudicial condenatoria da que o BNG tivo coñecemento, Mari Fernández Sanmartín agarda que “remate a soberbia aos veciños por parte do goberno do PP”. Ademais desde o BNG de Lalín avisan que “estaremos moi vixiantes para facer que se cumpran as obrigas en materia de seguranza en todos os servizos municipais”. Critica a responsable nacionalista que “non pode ser que un goberno local asuma sen preocuparse situacións de perigo denunciadas pola veciñanza e ratificadas mesmo vía xudicial”.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Fernández Sanmartín lémbralle ademais ao goberno do PP que “entra nas súas competencias e responsabilidade garantir a seguranza de todas as instalacións públicas”,

unha responsabilidade que no caso do Concello de Lalín “debería mesmo ser maior sabendo que moitos dos usuarios destas instalacións son persoas maiores”.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page